Vodas contra vento e marea

POIS SEGUE O TEMPO MOVIDIÑO, e iso que din que o peor xa pasara. Ben, si, o peor en Meis, que sei daljún que estivo sen lus o venres e onte sen auja... O que non quere unha tasa, dúas. O mesmiño que onte no Concello de Vilagarcía, que nin temporal, nin jaitas, ofisiaron dúas vodas, unha pola mañá e outra pola tarde. Casou ás parellas Lino, que tivo o día xa liado, pero mentras sexa para selebrasións, ben está. Moi bo día non tiveron, iso non, pero iso que máis da. O importante é casar ben e que dure, e que sexa para ben, claro está. E o tempo este tamén sije a faser das súas nos pavillóns. Onte fun ver o partido do Cortegada, que levo uns días moi deportiveira. Pero, mimadriña! Máis que balonsesto paresía patinaxe! A pista toda húmida e as rapasas veña a caer... Así non hai que poida xojar. Levamos uns días de tempo... Pero ben, que chova, que chova, a ver se noto dunha ves que baixa a lus.

Vodas contra vento e marea

Te puede interesar