Volta ao cole, volta ás fregas de eucalipto

Aínda que non é oficial, para min xa rematou o verán. Os rapaces volveron onte á escola e eu tiven que acompañar a unha amija que foi levar á neta porque a súa filla traballa fóra de Vilagarcía e non lle daba tempo. O caso é que me deu unha peniña... Como choraban aljúns dos  nenos! Sobre todo os máis pequeniños. Os maiores estaban máis preocupados por se lle cambiaran o mestre ou pola mochila nova que por outra cousa. Xa choveu dende que eu fun á escola e, bueno, non sei se se lle podía chamar escola a iso. En fin. Dentro do malo eu tiven sorte porque sei doutra xente que nin un libro viu diante. Sempre lle dixen aos meus fillos e aos meus netos que é importante aprender, e non só nas aulas. Tamén che dijo, o mellor viu despois porque tras deixar á meniña fomos almorzar e eu nunca lle fajo ascos ao almorzo, ademais esta fin de semana estiven a vendimiar e ando cansa. Moita uva este ano e sa, como había tempo que non a vía. Eu sonche máis de mar, pero a familia ten unhas parras e hai que ir botar unha man e a verdá e que é un momento bonito, pasámolo ben, sobre todo cando aljún inexperto quere pisar no lagar. O peor agora é a dor de costas, pero non hai nada que non quite unha boa “freja” de eucalipto. Todos os anos pasa ijual: Volta ao cole e tamén volve este ritual, que acaba coa dor nun plis. 

Volta ao cole, volta ás fregas de eucalipto

Te puede interesar