A voltas co recibo da “contribusión”

NON ME SAEN AS CONTAS. Andan os do Diario toda a semana falando da “contribusión” e eu xa estou que non durmo de noite. Porque oes, eu xa fora hai anos a aquela reunión que fixeran no Auditorio cando aínda era alcalde Tomás e saín cun barullo de números criminal. Onte no Centro do Ramal, cando fun ao baile da tarde, non se falaba doutra cousa. Porque, oes, “amijiños” si, pero a vaquiña polo que vale. Que a unha cando lle tocan o peto e coas pensións que hai hoxe en día hai que andarche con moito ollo. O caso é que onte aínda non se sabía ben se o recibo vai baixar, se vai subir ou como vai ser o conto. Inda vou ter que ir hoxe ao Pleno para enterarme ben porque co do catastro do rural andiven despistada e cando me chejou a factura polo “jalpón” de Cambados case me dá aljo. A esta vida vense a pajar! Tan despistada estou con isto do IBI que me esqueceu o outro día felicitar a Ramiro, o de Emerxencias, que cumpriu anos. Que bo rapas é!

A voltas co recibo da “contribusión”

Te puede interesar