As bases decidiron

rebelión das bases soou coma unha treboada intensa no ánimo duns sorprendidos Susana Diaz, Patxi López e a de toda a cohorte de apoio mediatico-institucional. O impacto foi superior ao desánimo, e non houbo maquillaxe suficiente para poder camuflar tanta decepción. Moitos medios seguiron lanzando veleno aínda despois do naufraxio que nunca viron vir (ou si e por iso o fixeron). Non houbo altura fóra do partido, pero tampouco excesiva dentro nas felicitacións ao gañador, o que non facilita o proceso de reunificación e cosido que debe poñerse en marcha xa mesmo. Sánchez gaña en todos os territorios agás Andalucía (pero sin debacle nin moito menos) e Euskadi. No caso galego, obtén o 67 por cento dos votos, gaña en todas as cidades e practicamente en todo o territorio, tanto nas agrupacións grandes coma nas pequenas. Para algúns foi unha sorpresa. Para moitos é unha esperanza de que, despois do moito xa conseguido e de facer o país que hoxe somos, é preciso novas fórmulas, novos obxectivos e novas persoas para construir novos tempos. Ao final, pasaron por todas as fases dun proceso, sen entender nada de nada do que estaba a ocorrer. Non viron a discordancia entre as elites dos baróns e gobernantes, e unhas bases molestas por acumulación. A diferencia entre como o estaban a vivir eles mesmos, e como o estaban a vivir e a sentir, unha ampla porcentaxe de afiliados que non estaban contentos, nin co que se fixera, nin como se fixera, nin a quen se lle fixera, era moi grande. Era a crónica dun cabreo anunciado, que presaxiaba mareas vivas e desbordamentos da convicción colectiva de que tocaba xa cambiar moitas cousas. E iso é o grande das primarias, a súa imprevisibilidade. O único que doe a tod@s os socialistas, é o feito de que os grandes símbolos da súa historia, os exPresidentes sobre todo, estiveran tan a fondo nun dos lados en lugar de permanecer onde debían estar, na neutralidade das vitrinas onde se gardan os recoñecementos valiosos e importantes. Onte gañou todo o PSOE e o único que perde é o PP. Agora a reconstruir, a tender pontes e a fomentar a unidade que non en vano, aínda é primavera.

As bases decidiron

Te puede interesar