Das fuxidas paralelas

cando un vive nas nubes, o uso de alas faise completamente necesario, como os cintos de seguridade para poder conducir, ou os chalecos salvavidas cando navegas no mar. Pero se vive na inopia, non precisa nin conexión coa realidade, nin tan sequera o sentido común elemental, para facer as tarefas do pan noso de cada día. Hai quen di que cando se xunta a fame coas gañas de comer, pode suceder calquera cousa.
Tamén cando un empeza xogando ao tute e remata apostando todo nunha partida de poker. No medio está a virtude, dixeron acertadamente os clásicos. Pero a capacidade para recoñecer erros, deterse, reflexionar e empezar de novo, dando os pasos certos e seguros para que todo teña a validez e a legalidade que requiren os actos que afectan a tod@s, non está ao alcance de moitas persoas. Nin de moitos dirixentes.
Tendo en conta a cantidade de anos que levan os dirixentes, de aquí e de acolá,nos diferentes escanos da vida pública, ao mellor non era mala idea aquilo de facerlles pasar unha ITV cada certo tempo. Por aquilo de saber o da horma e o do zapato. Cando todos reclaman diálogo, significa que ninguén fala con quen debe, tan só nos medios e deixando recaditos.
Cando esixen dereitos, falan dos seus. E cando piden legalidade, falan daquela que lles convén aplicar, ou da ilegalidade manifesta directamente, porque favorece aos fins perseguidos. Segue o paro, a crise, a fuxida masiva dos moz@s... Pero buscamos bandeiras a quen botarlle as culpas. Ti es un dos escasos imprescindible na miña vida –dixo Ela– faime moi feliz que existas... Sabes?, dixo El, estando lonxe de ti, sempre vai frío...

 

Das fuxidas paralelas

Te puede interesar