De declaracións e urnas

algúns días rematan mellor do que comezan. Dunha proclamación unilateral e ilegal, ata a aplicación dun 155 curto, cunha hábil convocatoria de eleccións por parte de Rajoy, no menor prazo posible, os 54 días legais, que colle ao independentismo co pé cambiado, e modifica radicalmente o marco de referencia para o curto prazo.
Do dramatismo máis intenso, á esperanza en tan só unhas poucas horas. Un Parlamento, case baleiro, aproba a DUI. Hai momentos, nos que un ten a sensación de estar asistindo a, algunha especie, de representación teatral. De ter a estraña sensación, de que todo forma parte do entramado artificial dun teatro.
E sen embargo, tristemente, sucede. Algúns falan de que foi unha data histórica. Pero dentro das datas históricas, hainas boas e destacables, pero tamén hainas malas e que deixarán pegada exemplar, das cousas mal feitas. A non ser, que o pretendido fora dividir un pobo, e romper unilateralmente a convivencia. Ou facer un sumatorio de ilegalidades e despropósitos que, inexorablemente, conduciran a un final estilo Thelma e Louise.
Un auténtico exercicio de frivolidade que evidencia a fraxilidade da Política, en mans dun grupo dirixente manifestamente mellorable, e tamén un fracaso colectivo . Un guión modificado sobre a marcha, e aderezado con anuncios de acordos, e con vergoñentos exercicios de marcha atrás.
O final da sesión do Parlamento de Cataluña, tiña moito que ver coa frase coa que remata unha das películas de Star Wars: “Así é como morre a Liberdade, cun estrondoso aplauso”.
Sempre contarás conmigo, dixo Ela, e sorríulle. El, non puido evitar fixarse nun fragmento de galleta adherida ao carmín dos seus labios... imaxe tentadora e suxerente, pensou, da dozura perfecta dos seus bicos.

De declaracións e urnas

Te puede interesar