• Viernes, 18 de Agosto de 2017

De memorias e mudanzas

baixo a sofocante vaga de calor que finalmente chegou, os programas

baixo a sofocante vaga de calor que finalmente chegou, os programas e os mentideiros das diversas canles televisivas falan dos 40 anos que xa van alá dende as primeiras eleccións democráticas. Se como dicía Gardel 20 anos non son nada, imaxinen 40. Botando unha ollada atrás, sen ira, como rezaban os carteis daquela incluso cando falaban de liberdade, (re)descubrimos sensacións entre sorprendidas e sorprendentes e fotogramas que forman parte, cunha clara ambivalencia, da historia deste país, pero tamén da historia da nosa vida.
Pero moitas cousas quedaron polo camiño. Daquela efervescencia que transformou o noso mundo e daquela visión de que todo era posible e que todo estaba por construír, quedaron en pé poucas cousas, como se un tsunami pasara e arrasara con forza a paisaxe e a memoria. Caeron falsos mitos, ideas inamovibles e lideres insubstituíbles sen os que non habería futuro (sic)... Pasou Jarcha, Quilapayun, Triana e tod@s os cantautores daquelas alturas de Joan Baez, os cantos de Víctor Jara, a revolucionaria poesía de Silvio Rodriguez, Paco Ibáñez, e Alfonsina e o mar... pero tamén os grandes símbolos revolucionarios, Che, Mao ou Fidel pasaron a ser iconos da cultura pop, coma os mundos simbólicos de Warhol.
O que sempre me pregunto é que foi daqueles autores que forxaron o universo cultureta daquel tempo. Xa ninguén sabe quen foi Herman Hesse, Tagore ou de Milan Kundera, xa non digo de Camus ou Kafka. Pasou tamén o valor simbólico e ideolóxico da prensa, daquela cando “El País”, era moito máis que un periódico... O que nunca terá mudanza, é o xesto doce e cálido da túa man dicindo adeus con tenrura, no cruce cartesiano e gris das despedidas.