• Miércoles, 20 de Septiembre de 2017

Dos desamparos e as deslealdades

A deslealdade sempre causa  desazón e fondo desamparo.

 

A deslealdade sempre causa  desazón e fondo desamparo. E sempre sorprende na vida política, as manobras  daqueles que deseñan plantexamentos de quedaben, ao mesmo tempo que practican unha estratexia  de, evidente,  falla de respecto institucional. 
Xogan a intentar gañar espazo e unha certa credibilidade internacional, de teimudos esforzados na loita por acadar un diálogo que non lle conceden, e de proxectar así unha imaxe, deformada, de oprimidos polo sistema. Esforzo inútil. Ninguén cae nesa trampa. Dende todos os foros, a resposta é a mesma, non haberá ningún tipo de recoñecemento. 
Pero non podemos facernos trampas ao solitario. Os que desatenden todos os requerimentos do Tribunal Constitucional para restablecer a legalidade; os que xa teñen establecida unha folla de ruta, as metas volantes, as bonificacións por etapa , e a planificación completa da carreira que xa están a disputar, non queren realmente dialogar, se non impoñer un  criterio, o seu, que xa están tentando aplicar  por activa e por pasiva, a un Estado que representa a todos os cidadáns. Non en van, a Constitución recolle que a Soberanía Nacional, reside no Pobo Español. 
Desfacer unilateralmente unha convivencia, non é a mellor maneira de iniciar unha partida. Agora, funciona aquilo de ser ou non ser dos nosos. E a presión que exercen sobre os alcaldes do PSC é desmedida e desproporcionada. Será un fracaso de todos. Especialmente, daqueles que converteron os lápices en lanzas. 
A sonda Cassini quedará para sempre en Saturno tras 20 anos enviando imaxes. Ando a mil –dixo Ela– Xa che contarei... Sempre soño con compartir días de corazóns contigo –dixo El– e sei que algún día, nalgún universo evolucionado, toda a vida intelixente e marabillosa, será exactamente coma ti...