Dos escándalos

sempre pensei que o significado do famoso recurso literario, que utiliza a imaxe de poñer ao raposo a coidar das galiñas era unha frase feita e que tiña máis de metáfora para visualizar un perigo potencial, que de realidade pura.
Ata que soubemos das cousas de Moix, á sazón fiscal xefe Anticorrupción, que dende o ano 2012 gardaba no seu dobre fondo o 25% dunha sociedade offshore en Panamá, baixo a que se camufla a propiedade dun chalet en Collado-Villalba.
Pero non é a única polémica xerada por Moix, xa que foi considerado coma un elemento do Goberno popular contra as accións da propia Fiscalía nas tramas Gürtel, Púnica e Lezo.
Para os populares, non deixa de chover sobre mollado. E así agora salta a nova de que Larraz, alto cargo con Aguirre, ten 146 lingotes de ouro en Suiza, xunto cun millón de euros, dos que non pode xustificar a súa orixe. Segundo estadísticas, Rajoy e os seus populares saen a máis de un escándalo por mes. É un record mundial moi difícil de superar, incluso botando man das repúblicas bananeiras.
Curiosamente, sen descompoñer o xesto nin a faciana, Rajoy, pretendendo quitarlle ferro a tanto escándalo e sen encomendarse a Deus nin ao diaño, di que hai que gobernar e deixarse de todos estes chismes. Outra vez coma o ive das chuches...
Entre tanto balbordo, veu botarlle unha man Trump, co seu abandono da loita polo cambio climático... lembran que o primo de Rajoy xa lle dixera que non era para tanto? O avó, que sempre foi sabio, dicía: “Fai ben e non mires a quen”. Pero tamén apostilaba co: “Non as fagas e non as temas!”.

Dos escándalos

Te puede interesar