De fuxidas e traxicomedias

de opereta e de traca. Continúa a posta en escena dunha traxicomedia que semella cada día ir a peor. Resulta xa penosa e grotesca. Aquel que fuxe do país, Puigdemont, pídelle aos que se quedan, que loiten por todo o acadado e polas ideas que defenden. Di que non está fuxido, pero grava mensaxes dende unha guarida, agochada nalgures, en Bélxica. A súa fuga, acelerou a decisión da prisión incondicional sen fianza para os membros do seu Goberno, xa que o risco de fuga xa non era hipotético senon real. 
Ademais, empezaron a desmontarse, unha tras outra, as mentiras do chamado procés. Era falso o do recoñecemento internacional. E o da economía. Dalgún xeito, tamén entendía que a aplicación da Lei, tras dous anos de sostenella e non enmendalla de incumprimentos das sentencias do Tribunal Constitucional non lles sería de aplicación. Dixera Tarradellas, un político de altura, que en política podía facerse de todo menos o ridículo. Pois hoxe, un ridículo espantoso enche o espazo europeo. 
A ruptura da legalidade e a persistencia en actitudes nada edificantes divide á sociedade entre defraudados e os indignados/ perplexos. E non é a mellor base para poder construír espazos con futuro. É necesario un exercicio de responsabilidade, así como de asunción das consecuencias das decisións tomadas. O fin a conseguir nunca xustifica os medios empregados para logralo. Hai que pechar feridas. Ten que volver a Política. E o sentido común. Tanto a unha coma ó outro se lle bota demasiado de menos.
A vida é moi inxusta e imperfecta, dixo Ela. A perfección existe – díxolle El sorrindo– es ti, e os instantes felices nos que compartimos a afortunada intersección das nosas vidas. 

De fuxidas e traxicomedias

Te puede interesar