Un teatrillo en Cambados

O teatrillo que se está desenvolvendo estes días por parte dos gobernantes de Cambados está deixando en ridículo ao municipio cambadés.
A señora alcaldesa acórdase agora que teñen que solucionar os problemas internos para poder gobernar con normalidade e atender aos veciños, que é precisamente para o que están ahí, ademais cobrando cada mes...
Resulta que despois de case tres anos a solución pasa por crear un gabinete de comunicación. O que xa é o goberno máis caro da historia de Cambados, quere agora a pouco máis dun ano para rematar a lexislatura contratar máis persoal de confianza, será que agora douse conta de que remata a lexislatura e ten que ter máis presencia nos medios pero aumentando máis o gasto deste cuatripartito a conta dos veciños/as.
Que se adique a xestionar que ainda non empezou e a coordinar que por eso está creada a situación xerada no goberno municipal.
Tal é o descontrol no concello que unha vez máis, non se celebrará o pleno mensual no día que lle corresponde. Volve a retrasarse e se incumple o acordo plenario de organización, algo que é ilegal, e non sabemos por que motivo, ainda que supoñemos que será unha vez máis porque non ten a maioría absoluta de concelleiros asistentes ao pleno para o día que se tiña que celebrar, (que está regulado polo pleno de constitución).
Esto é un abuso de poder, aproveitándose da situación.
Dende que se iniciou esta lexislatura vimos denunciando a descordinación reinante no Concello e continúa igual, esta vez por non cumplir coa data do pleno igual fixeron no mes de outubro, retrasando tamén a celebración pero en meses anteriores ou non se nos daba a convocatoria en tempo e forma, ou reducían o tempo de entrega da documentación para que non puideramos revisala detenidamente,  etc. Este caos xenerado en Cambados en dous anos e medio pola esquerda cambadesa non ten visos de rematar pronto xa que volven a citarse para arreglar e pechar feridas pero xa son tan profundas que estarán moi presentes no ano e medio que resta de lexislatura. “Dios nos colla confesados...” O triste e desgraciado é que  a falta de xestión a sufren todos os días @s cambadesas/es....

Un teatrillo en Cambados

Te puede interesar