13 de xuño San Antonio

Hoxe como outros moitos días, cun cadro de Castelao como testigo, nunha prestixiosa cafetería do mesmo nome, no Concello de Sanxenxo, ollando a prensa, demos un repaso a actualidade local:
Onte 13 de Xuño de 2017, hai 18 anos que o actual alcalde, Telmo Martín, gañou as eleccións por primeira vez, con 10 de 17. Cun concello con moitas necesidades e deficiencias por aquel entón, un equipo novato a hora de gobernar un concello con pouco máis de 15.000 habitantes daqueles intres, son poucos os que nos acordamos do que tiñamos daquela. Xente que hoxe ocupa titulares de prensa despotricando contra Telmo Martín non teñen idea ou non se queren acordar do que non tiñan… Siii, piscina Municipal, bandeiras azuis, ( só unha, Silgar no 1999), tres no 2000 e ningunha era Silgar, cinco no 2001...
Centro de Día, Pazo Emilia Pardo Bazán, 60 kilómetros de pistas asfaltadas en quente, cos seus correspondentes servizos de auga e redes de sumidoiro, estradas dende Aios a Noalla, dende A Vichona a Portonovo, Vichona a Dena e beirarrúas dende Sanxenxo a Vilalonga,  dende Altamira a Revolta, dende o Mirador de Palacios ata A Granxa e na Rúa de Madrid. No hai que esquecer a primeira fase da humanización de Portonovo, o 52% da depuradora dos Pasales e como colofón, aquel 11 de xullo a compra do Porto deportivo Juan Carlos I, entre outras moitas cousas menores, é isto só na lexislatura 99/ 03.
Foi inevitable cun xornal diante falar de SAL.
A pena que nos dá a algúns, despois de dar un paso a un lado e deixar o timón en mans de compañeir@s “capaces” de xestionar o barco, ver como se amotinan ante un golpe de mando do seu capitán, tentando retomar o rumbo da súa nave á deriva.
Este capitán que lle deu voz a toda a súa tripulación dende o primeiro día, non se merece este trato, pois este Capitàn, ten apostado pola tripulación en contra dos armadores.
Se o cadro de Castelao falara....

13 de xuño San Antonio

Te puede interesar