VILAGARCÍA

Os nenos do colexio de Rubiáns cántanlle á conselleira do Mar

Os nenos do colexio de Rubiáns déronlle unha grata sorpresa á conselleira do Mar, Rosa Quintana, cantándolle unha canción relacionada co mundo marítimo composta por eles mesmos. A titular do departamento autonómico visitou o centro educativo para respostar ás preguntas dos nenos de sexto curso.