Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Viernes 28 de Noviembre 2008 Deportes

Portada | Vilagarcía | Cambados | Sanxenxo | O Grove | O Salnés | Caldas-Umia | O Barbanza | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página |


Perucho e Antón Paz reciben hoxe o premio ao “Mellor deportista galego”

REDACCIÓN > VILAGARCÍA

Antón Paz, Echávarri e “Perucho” son os mellores deportistas galegos.
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle hoxe ás 20 horas a Gala dos Premios Nacionais do Deporte Galego 2007/08 que organiza a Consellería de Cultura e Deporte, e na que recibirán o Premio ao Mellor Deportista os campións olímpicos Fernando Echávarri, Antón Paz e Carlos Pérez Rial.

Nun ano no que Galicia logrou os seus mellores resultados deportivos, o Deporte Galego reunirase para homenaxear ao presente e tamén, por primeira vez, ao futuro do noso deporte, xa que as xóvenes promesas galegas tamén recibirán o seu merecido homenaxe. A Gala, que estará dirixida por Carlos Blanco, contará coa presenza da conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, ademáis de representantes de moitos dos concellos de Galicia. Asemade, tamén confirmaron a súa presenza os campións olímpicos Carlos Pérez Rial e Antón Paz -o seu compañeiro Fernando Echavarri non pode asistir ao atoparse competindo na Volta ao Mundo de Vela -, e os medallistas Sebastián Rodríguez Veloso e Pablo Cimadevila. Outros deportistas olímpicos que non se queren perder a festa do Deporte Galego son os olímpicos Santi Pérez, Javi Gómez Noya, Iván Raña, Teresa Portela, David Gómez, Álvaro Illobre e Gustavo Nieves, ademáis doutros deportistas galegos de elite como Borja Golán, Tamara Echegoyen, Sara Álvarez, Saleta Castro, Elías Domínguez ou Eva Castro.

O 2008 foi un ano especial, pois a celebración dos Xogos Olímpicos en Beijing concentrou toda a atención do deporte internacional. E neste Xogos, Galicia sumou dúas medalla de ouro (piragüismo e vela), dúas de prata (piragüismo) e cinco diplomas olímpicos (tríatlon, baloncesto e piragüismo), o mellor botín da nosa historia e que se completou coas dúas medallas de prata (natación) e catro de bronce (natación) que lograron os nosos representantes nos Xogos Paralímpicos

Entre os premiados na gala, ao marxe de Antón Paz e Perucho, figuran outros arousáns. Manuel Isorna recibirá o galardón ao mellor adestrador e Fredi Bea recibirá o premio en recoñemento a súa traxectoria deportiva. Ademáis, a Xunta premiará a selección galega que conqueriu a I Bandeira da Concha, na que participaron 7 remeras ade Cabo de Cruz.





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa