O equipo D’Liss acada a súa primeira vitoria da tempada no Salnés
REDACCIÓN > VILAGARCÍA
 |
| Equipo do Miniño de Dena que vai segundo na competición do Salnés. |
O D’Liss disfrutou dunha extraordinaria semana na competición de dardos do Salnés. O seu primeiro equipo acadou a primeira vitoria da tempada gracias ao seu triunfo sobre o Batea por 11-5. Pero non remataron ahí as boas novas para o local cambadés porque o D’Liss 2 solventou a semana con dúas partidas gañadas que o stúan na primeira praza do grupo desbancando ao Miniño. Primeiro derrotou ao Miniño 3 e un días despois ao Batea nun encontro que fora aprazado no seu momento.Esas dúas vitorias do D’Liss 2 fixéronlle perder o liderato ao Miniño, a pesar de que os de Dena derrotaron con claridade ao Bouzón a domicilio. Esa partida prodúxose días antes de que Lucía Miniño e José Manuel Poceiro, propietarios do local y membros do equipo, tivesen ao seu fillo Aron. Os seus compañeiros adicáronlle a vitoria como regalo anticipado. Cabe destacar tamén o feito de que o Batea sumase máis puntos (5) na súa partida contra o D’Liss que no resto dos encontros do que vai da tempada. No tocante á competición feminina, oo Zona Cero afiánzase no liderato do grupo C (O Barbanza) logo de gañar con suma autoridade ao Exceso. No grupo do Ulla-Umia manteñen a súa particular pugna á fronte da clasificación o Bouzón e o Dimensión logo de gañar sen problemas a domicilio.
|