Di@rio de Arousa
 
Edición electrónica  
Viernes 28 de Noviembre 2008 O Grove

Portada | Vilagarcía | Cambados | Sanxenxo | O Grove | O Salnés | Caldas-Umia | O Barbanza | Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía | Sociedad | Comunicación | Última Página |


Unha charla explora o activismo feminista e as novas masculinidades

REDACCIÓN > O GROVE

A Casa da Cultura acolleu a charla sobre a prevención da violencia e unha breve representación teatral
Diferentes colectivos sociais explicaron o seu papel na prevención da violencia machista dentro dunha mesa redonda organizada pola concellería de Igualdade.

Victoria Iglesias explicou o activismo da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, rede de colectivos feministas coordinado con movementos de mulleres de todo o globo e promotora de numerosas mobilizacións sociais contra o patriarcado e o machismo estrutural, causa fundamental desta lacra social aínda por erradicar.

Na conferencia tamén interviu un varón -ademais do edil de Igualdade, Carlos Álvarez, que presentou-, o representante de Homes pola Igualdade Celso Taboada, quen abordou o papel das novas masculinidades o machismo e a necesidade de implicar a toda a poboación na causa.

Ademais, interviron unha representante da delegación da Vicepresidencia da Igualdade, e a asesora legal do Centro de Información da Muller (CIM).





ir a inicio de página


© Di@rio de Arousa