Un altercado entre un home e unha muller na espera das salas de vistas do xulgado obrigou a intervir ao xuíz

Un altercado entre un home e unha muller na espera das salas de vistas do xulgado obrigou a intervir ao xuíz
IMG-20190517-WA0002

A zona de espera das salas de vistas do edificio dos xulgados ribeirenses foi escenario o mércores dun altercado entre un home e unha muller que se prolongou durante bastantes minutos. Eran arredor das dez da mañá cando nunha das salas estaba a celebrarse un xuízo e no seu exterior agardaban nun dos bancos tres mulleres e noutro separado a varios metros estaba un varón acompañado doutra muller para que os chamasen para entrar a outro xuízo. Segundo testemuñas, a discusión iniciouse cando unha das tres mulleres lle dixo algo ao home, e a reacción deste foi a de empezar a gravala coa cámara do teléfono. móvil. A resposta dela foi a de xirarse de costas e, seguidamente, fíxolle o xesto de amosarlle a parte traseira do seu. corpo. Por se iso fora pouco, volveu a miralo e, para sorpresa dos presentes, levantou a camiseta e exhibiu os peitos. Logo, dirixiuse a él para esixirlle que borrase o que acababa de gravar, e empezaron a discutir.

Alertados polos berros, saíron unha funcionaria e outra xente da sala de vistas cun xuízo para tratar de poñer orde, sen conseguilo, pois o altercado foi a máis, elevando o tono das súas verbas. Foi entón cando da referida sala saiu o titular do Xulgado de Instrucción Número 1 de Ribeira para tratar de poñer calma, pero a muller non parecía ceder e chegou a empurrar ata en dúas ocasións e a agarrar pola camiseta ao home diante do xuíz, que se meteu no medio de ambos para separalos, logrando o seu obxectivo, e o varón foise dalí. O xuízo no que iban a participar quedou suspendido e abríronse dilixencias na comisaría ribeirense da Policía Nacional para esclarecer os feitos. l

Un altercado entre un home e unha muller na espera das salas de vistas do xulgado obrigou a intervir ao xuíz

Te puede interesar