O Arcos Moldes II pon punto e final coa visita de Ovidio Rodeiro aos seus 16 alumnos

O Arcos Moldes II pon punto e final coa visita de Ovidio Rodeiro aos seus 16 alumnos
Diario de Arousa-2019-07-25-017-24d63455

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, visitou onte o obradoiro de emprego “Arcos Moldes II”, en Rianxo, onde ao longo dos últimos nove meses se formaron un total de 16 alumnos no ámbito da pavimentación e a albanelería de urbanización.

O representante do goberno autonómico comprobou en persoa os resultados dos traballos prácticos dos alumnos, que consistiron na reparación e mellora dos pavimentos do Paseo Marítimo, as beirarrúas da estrada AC-305 entre Campo de Pasos e Ouriolo e da urbanización da Martela.

O curso, financiado pola Xunta, con unha aportación de  253.000 euros por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e coa colaboración do Concello, comezou o pasado outubro e concluirá nuns días.

Durante a súa visita, Rodeiro subliñou que a maioría de obradoiros recollen na súa parte práctica actuacións en zonas públicas que melloran o estado do municipio, algo que “beneficia aos alumnos e ao concello”. Asimesmo, destacou que estes obradoiros  “permiten aos participantes obter unha cualificación profesional que favorece a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permite iniciar os seus propios proxectos”. O delegado territorial felicitou a todos “porque a partir de agora estades mellor preparados que hai 9 meses para atopar un emprego, xa que a vosa formación adaptouse ás necesidade das empresas da comarca”. 

Os municipios do Barbanza contaron en 2018 con seis obradoiros de emprego, catro de carácter dual, onde participaron alumnos de todas as idades, e dous de Garantía Xuvenil, para mozos menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería investiu en políticas activas de emprego 1.431.491 millóns de euros. Os obradoiros ordinarios contan con formación e un contrato de traballo de nove meses e os duais, a maiores, ofrecen tres meses máis de traballo nunha empresa da zona na especialidade na que se forman os alumnos.

Estes obradoiros formaron a 108 personas desempregadas, ao tempo que se realizaron tarefas en beneficio de espacios públicos. Os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

O Arcos Moldes II pon punto e final coa visita de Ovidio Rodeiro aos seus 16 alumnos

Te puede interesar