Beni Yáñez | “Contamos como a xente se salta as leis pero non as fendas do sistema”

Beni Yáñez | “Contamos como a xente se salta as leis pero non as fendas do sistema”

Beni Yáñez presenta na súa casa a súa primera novela, Os donos das Cinsas, coa que gañou o XVII Premio Vicente Risco de Creación Literaria. Acompañarano na librería Espacio Lector Nobel o escritor Alberto Ramos e o editor de Urco, David Cortizo. 

¿Como se sente un presentando libro na súa casa? 
Ilusionado por poder mostrar a obra na miña vila, na que me criei. Gañar con ela o Vicente Risco é motivo para estar contentos e teño ganas de ensinárllela aos amigos e de facer publicidade.
 
¿Que historia nos conta en Os donos das cinsas? 
A resposta curta é que vai sobre corrupción política. A larga é que non é corrupción como a entendemos, refírome ás faltas das leis, á corrupción legal. Comportamentos reprobables eticamente pero que teñen encaixe na lexislación como as formas de facer contratacións que son válidas, pero que é labor do lector xulgar se son correctas ou reprobables.

A novela fala de dous alcaldes e da súa relación coa corrupción, ¿que hai de cierto no relato? 
O marco é a realidade pero é unha historia de ficción. Os personaxes son dúas formas de ser alcalde, un perfil máis coñecido e outro por descubrir pero ningún é real. Si o é o marco xurídico, as trampas por moito que sorprendan teñen encaixe real. As peripecias e falcatruadas dos alcaldes son inventadas, son casos levados ao extremo. 

¿Que responsabilidade temos os periodistas en que se coñeza máis un perfil de político ou de alcalde ca outro? 
Pois un deles é o prototipo de “jetas”, dos que estamos acostumados a falar mal. Pero no libro fálase mal da xente en xeral, dos periodistas como altavoces do poder ou marionetas de intereses empresariais. Fala mal das relacións das familias, das mulleres, dos homes, custa entender que a xente empatice con algún personaxe. É un reto curioso enganchar a xente partindo disto. 

¿Que comentarios recibiu dos lectores da novela? 
Recibín comentarios de diferentes ámbitos e estou contento porque sinten o que eu quería. Tiña medo de que non fora crible nalgún punto e a xente pregúntase se o que conto pode pasar. E iso é o triste, é un libro denuncia nese aspecto. 

¿De que forma influíu a súa profesión de periodista en Os donos das cinsas? 
En todo. Non tería nacido se non fose xornalista. No día a día contamos a corrupción de xente que se salta as leis pero non as fendas do sistema. l

Beni Yáñez | “Contamos como a xente se salta as leis pero non as fendas do sistema”

Te puede interesar