Carta aberta do BNG de Riveira sobre a postura do alcalde sobre a proposta da Memoria Histórica

O Bloque Nacionalista Galego lamenta que o alcalde lle filtrara a nosa proposta sobre a Memoria Histórica á directiva da Asociación de. Amas de Casa antes de que os grupos políticos asinantes a fixeran pública. Tamén lamentar o papel da secretaria e da presidenta de Amas de Casa, Magdalena Bringas, que empregan os seus cargos na asociación para exercer presión e coacción sobre os grupos políticos que ostentan a representación popular enviando esa misiva, facendo chamadas, etc para evitar así dar cumprimento á lei e reparar ás vítimas da ditadura franquista

Tanto o BNG como a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza entendemos que a honra de levar o nome dunha rúa correspóndelle a persoas que sexan admirábeis e salienten polo seu labor de concordia e de exemplaridade, xa que logo, non cremos correcta a existencia desta honra para un cargo da ditadura franquista, falanxista confeso e procurador en Cortes ao longo de tres legislaturas (1949-1959) reafirmando deste xeito o seu compromiso coa ditadura.

Lamentamos tamén que estas dúas directivas da asociación afirmen sen rubor algún que "que otra cosa se podía ser en esa época que falangista". É indecente que tanto o alcalde como amas de casa defendan esa postura cando sabemos que na ditadura imperou a represión, o exilio e mesmo o asasinato contra persoas que loitaron pola paz, a liberdade e a democracia.

 

Luís Pérez Barral
Concelleiro e responsábel de comunicación do BNG de Riveira

 

Carta aberta do BNG de Riveira sobre a postura do alcalde sobre a proposta da Memoria Histórica

Te puede interesar