Carta abierta del alcalde de Riveira sobre la Memoria Histórica

Carta abierta del alcalde de Riveira sobre la Memoria Histórica
Riveira. Ramiro Carregal Rey tiene desde ayer una calle con su nombre en Riveira. La placa inaugural de la avenida en homenaje al fundador de Frinsa fue descubierta por el propio Carregal y el alcalde riveirense, Manuel Ruiz Rivas, en el polígono de Xar

E tampouco lle bastoua os grupos políticos que agora piden a retirada deses honores-BNG, Socialistas e Cidadáns- manifestar no pleno de xaneiro que coa retirada do nome da rúa 9 de Agosto (dedicándolla, ademais,ao último Alcalde Republicano, Pepe Fernández) daban por cumprida esa sentencia, senón que agora pretenden mudar ese acordo que con espírito de transición perseguía o entendemento, a concordia, poñer no mesmo lugar a uns e outros.

Pois ben, Riveira é o que é porque convivimos desde nenos coa familia de Miguel Rodríguez, coa de Álvaro Landeira, Félix García, Ramón Abalo ou Ricardo Pérez porque ningún deles nin nós tíñamos que baixar a mirada polo noso pasado.

Como riveirense, sinto de corazón que a familia de Don Miguel teña que pasar por este trago 55 anos despois do seu pasamento, e só podo dicir pola memoria do seu fillo e gran amigo Miguel, que eu non vou manchar o nome do seu pai, que o meu grupo vai seguir defendendo os seus honores e que non podo comprender, como moitos que se dixeron os seus amigos, que conviviron con él, que vestiron a mesma camiseta do seu equipo de fútbol sala, que comeron e beberon ao seu carón, como lle poden estar facendo esta ignominia.

E sabes porque, Miguel? Porque o recordo que o teu pai deixou entre os seus veciños desmonta esa «infantil» teoría de que había un bando no que todos eran malos, resentidos,violentos…

Por todo iso, mentres eu siga como Alcalde non vou faltar ao compromiso de defender os valores que os nosos maiores nos transmitiron e que fixeron grande a Riveira e aos riveirenses: eses valores que unen, que nos abrazan, que nos seguen permitindo mirarnos os ollos, fronte a fronte.

Manolo Ruiz , Alcalde de Riveira

Carta abierta del alcalde de Riveira sobre la Memoria Histórica

Te puede interesar