Condenan a 31 anos de cárcere a Egidio e dous irmáns por roubos con violencia

Condenan a 31 anos de cárcere a Egidio e dous irmáns por roubos con violencia
Egidio e os xemelgos Anxo e Alexandro viron reducidas as súas condenas | Chechu Río

O ribeirense Manuel López Montemuiño, alias Egidio, e dous irmáns menores, os xemelgos Anxo e Alexandro, foron condenados a un total de 31 anos de cárcere pola comisión de varios delitos de roubo con violencia e intimidación e uso de armas na segunda quincena de setembro de 2018 en Boiro e A Pobra. Iso supón unha significativa reducción do periodo de privación de liberdade que lles solicitaba a Fiscalía e que ascendía a un total de 76 anos e medio de cadea, e debeuse principalmente a que o Xulgado do Penal Número 2 de Santiago absolveunos de varios dos delitos que se lles atribuían non quedaron acreditados no xuízo.

No caso de Egidio se lle considera autor de tres roubos con violencia e uso de arma e dous delitos leves de lesións, polo que a pena que se lle impón é de 13 anos e tres meses de prisión, mentres que a Anxo lle caeron 10 anos e 9 meses por tres roubos con violencia e uso de arma e un delito leve de lesións, e Alexandro foi condenado a 7 anos de cárcere por dous roubos e uso de arma e 180 euros de multa por un delito leve de estafa. Aos tres tamén se lles condena por un delito leve de maltrato de obra, castigado con multa de 90 euros

A xuiza María Elena Fernández Currás considera probado que na medianoite do 19 de setembro de 2018 un dos tres acusados fixo un pedido de comida a “Te Lo Llevo A Casa” de Boiro, para servir na Rúa Breiro de dita localidade, esperando Alexandro ao repartidor nun parque próximo e na compaña dun dos seus irmáns, sen que se acreditase cal deles era, manifestando ao repartidor, a sabendas de que non era certo e con ánimo de obter un ilícito lucro económico, que tiñan un billete de 100 euros para pagar a comida que ascendía a 24,50 euros polo que, tras ir o repartidor a recoller o cambio a súa oficina e unha vez que lle entregou a Alexandro os 75,50 euros do cambio de 100 euros, éste deulle un billete de 50 dirhams magrebíes fuxindo os autores do lugar á carreira.

A magistrada tamén cre probado que ás 22.30 horas dese mesmo día, un dos acusados, aínda que actuando todos eles de mutuo acordo e coa intención de obter un ilícito beneficio económico, realizou un pedido de comida a Telepizza de Boiro para servir no parque próximo á Rúa Breiro. O repartidor foi recibido por Anxo e Alexandro, que lle pediron que os acompañase a un portal dun calexón próximo, onde un terceiro baixaría os cartos para pagarlle, aparecendo entonces Manuel, quen portando un coitelo de xamón o esgrimiu contra o repartidor esixíndolle os cartos, polo que accedeu a entregarlle a carteira con 80 euros da su empresa, tickets de cobro con tarxeta e o seu carnet de conducir.

De igual xeito, na sentenza se sinala que na medianoite do 22 de setembro un dos acusados, de acordo cos outros dous irmáns, fixo un pedido a Pizza Móvil de Ribeira para servir na Rúa Atalaya de A Pobra, pero ao non atopar dita rúa o repartidor contactou co teléfono desde o que se realizou o pedido, acordaron a entrega nun aparcadoiro preto dos semáforos, onde o recibiu un dos xemelgos e, cando lle iba a entregar a pizza, apareceron os outros dous acusados encapuchados e cunha braga que lles tapaba a boca, e portando un deles unha navalla e o outro unha porra, esixíronlle ao repartidor os cartos, entregándolles a riñoneira na que levaba 177 euros, e os dous encapuchados propináronlle un par de golpes na cara coa man aberta, fuxindo de seguido á carreira, sendo seguidos polo que recibira ao repartidor.

A xuíza considerou probado na vista oral que ás 2.30 horas do 23 de setembro un home atopouse na Rúa Castelo da Pobra con Anxo, ao que coñecía previamente, e entablaron conversación cando chegou Manuel que lle colleu o teléfono ao primeiro, e cando lle pediu que llo devolvera Manuel sacou unha porra extensible e comezou a darlle golpes con ella na cabeza -causándolle traumatismo craneoencefálico, además de feridas e lesións-, intervindo tamén un terceiro non identificado que chegou con Manuel e que propinou á víctima patadas no abdomen e na cabeza, escapando os tres co teléfono. A xuiza tamén considerou probado que na tarde do 24 de setembro Manuel mantivo un forcexeo con outra persoa no parque pobrense do Castelo, sen que se acreditase que fose pola negativa do segundo a entregarlle a carteira que lle esixía o acusado, que o golpeou causándolle contusións a nivel torácico polas que recibiu asistencia facultativa no Hospital do Barbanza e que curaron en cinco días de perxuizo básico.

O xulgado absolveunos de delitos que lle atribuiu á Fiscalía, que lles pedía penas de 76 anos de cadea

A titular do Xulgado do Penal 2 de Santiago considerou que non quedou acreditado que fose Anxo quen o 22 de setembro de 2018 abordou a unha muller na Rúa Venecia esgrimindo un coitelo contra ela e lle arrebatou a bolsa na que gardaba 30 euros e documentación personal, provocando a súa caída ao chan, sufrindo contusións polas que recibiu asistencia médica. Tampouco cree que resultase probado que o teléfono móvil Doro 2404 que Alexandro portaba o 23 de setembro ao ser identificado pola Policía Local da Pobra no parque do Castelo fose o sustraído a unha muller, nin que fose ese teléfono o que portaba Manuel cando foi detido ao día seguinte trala pelexa con outro individuo. A xuíza tampouco considerou acreditado que fosen Alexandro e. Manuel os que o 23 de setembro abordaron a unha muller na Pobra e se apoderaron da súa carteira e teléfono móvil, propinándolle un deles un golpe na faciana causándolle lesións polas que recibiu asistencia facultativa, nin que o teléfono Huaweo Ascend Y300, que portaba Anxo no seu arresto fose sustraído a unha muller.

De igual xeito, a maxistrada sinalou que non resulta acreditado que fose Manuel quen ás 22.25 horas do 23 de septembro acudiu á gasolineira A Xunqueira de A Pobra e activase contra o empregado un arma eléctrica tipo táser, se apoderase da riñoneira que portaba que contiña 400 euros. Tampouco quedou acreditado que a finais de setembro Manuel se apoderase da carteira dun home esixíndollela mentres lle exhibía un coitelo. Previamente a estes feitos, Egidio foi condenado por roubo con forza por sentencia firme de 18 de enero de 2018 a 2 anos de prisión, cuxa execución estaba suspendida condicionalmente durante 5 anos, e por roubo con violencia o intimidación por sentencia firme de 13 de marzo de 2018 a un ano de cadea, que tamén estaba suspendida condicionalmente durante 2 anos. l

Condenan a 31 anos de cárcere a Egidio e dous irmáns por roubos con violencia

Te puede interesar