Deteñen a un ex policía local de Ribeira acusado de agresión sexual a unha moza no interior dun ascensor

Deteñen a un ex policía local de Ribeira acusado de agresión sexual a unha moza no interior dun ascensor
Diario de Arousa-2019-07-25-016-253ac8e8

Un ex policía local de Ribeira foi detido por axentes da Policía Nacional, acusado dunha presunta agresión sexual a unha moza da localidade. Tal e como confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na tarde de onte, o presunto agresor foi posto en liberdade con cargos este mércores tras prestar declaración no Xulgado Número 1 de Ribeira, que se atopaba en funcións de garda.

Malia á súa posta en liberdade, o Xulgado tomou medidas cautelares ante a gravidade dos feitos denunciados. Así, confirmouse dende o TSXG que o xuiz ditou medidas de protección de cara á vítima, de modo que o acusado non poderá achegarse nin tratar de comunicarse con ela. 

Relato dos feitos
Segundo trascendeu nas últimas horas, a presunta agresión sexual teríase producido no mediodía deste martes, no ascensor do domicilio da denunciante. 

Ao parecer, o ex policía local de Ribeira, que conta actualmente cuns 68 anos de idade, accedeu xunto con ela ao elevador do edificio no que reside a muller, unha moza de arredor de 26 anos. 
Cando ambos facían este percorrido nun espacio pechado e sós, o presunto agresor sexual tería aproveitado a circunstancia de que a muller non tiña a onde escapar e, nun momento dado, comezou a realizar tocamentos á moza.

Segundo esta denunciou ante as autoridades, ao tempo que a tocaba, o denunciado tamén tentaba bicala e abrazala, sempre en contra da vontade da muller. Tal e como trascendeu, a rapaza teríase resistido en todo momento a estes tocamentos e, unha vez o ascensor chegou ó piso e parou, a presunta vítima botou a correr e denunciou o acontecido ante as autoridades. 

En instrucción
Segundo sinalaron onte fontes da investigación, o axente retirado enfróntase agora a un presunto delito de agresión sexual. Se ben non se pode descartar que, tal e como precisaron ditas fontes, os cargos poderían modificarse en función do desenvolvemento do proceso de instrucción que agora da comezo para esclarecer o sucedido o pasado martes.

Deteñen a un ex policía local de Ribeira acusado de agresión sexual a unha moza no interior dun ascensor

Te puede interesar