A POBRA-Heredeiros de si mesmos

A POBRA-Heredeiros de si mesmos
heredeiros da crus demostrou que o seu regreso estã¡ ben xustificado m. martãnez

Ninguén conseguiu ocupar o oco deixado pola banda riveirense Heredeiros da Crus no panorama musical galego e, por esa razón, hai algo máis dun ano que regresou aos escenarios para enchelo de novo. E na madrugada deste sábado presentou cun inesquecible concerto en directo na sala LP45, de Ordes, o seu noveno traballo discográfico, “Jard Rock con Fe”, ante un milleiro de incondicionais, que se puideron levar para a casa o disco, que non se publicou nin vendeu ata agora. Os míticos Javi Maneiro, Tonhito de Poi, Tuchiño Novo y Fran Velo, acompañados á batería por Manu Rey e dunha banda de metais, teclado e coros, saltaron ao escenario tocando unha canción inédita dese álbum, “Non che teño medo”, en medio dunha chea de impresionantes efectos de luz y pirotécnicos.
A velada continuó por espacio de case tres horas nas que non houbo tempo para o descanso nin o aburrimento e si para que o público presenciase desde moi pretiño aos Heredeiros en pura esencia mentres interpretaron os seus grandes éxitos, como “Quero josar”, “A chaqueta de lana”, “Amor de barra” e moitos outros, mentres intercalaron outros catos temas novos, como os dous singles -“A Duquesa de Poi” e “Francisco Chousa (El Campeador)”- que xa se adiantaron para escoitalos por internet, así como “Supernovedá” e “Camello sen joroba”.
Nin que decir ten que os Heredeiros volveron a ser os mesmos de sempre, e no seu espectáculo non faltaron o striptease -esta vez masculino-, o regalo de bocadillos de nocilla ao rematar o concerto e o reparto de micrófonos entre o público nalgunhas cancións. Javi Maneiro luciu unha camiseta que lle regalaron previamente unhas fans, Fran Velo estrenou unha chaqueta de plumas, ao igual que Tonhito de Poi fixo cun casco con cornos de vacaloura, tras perder e non recuperar o casco vikingo en Catoira, mentres que Tuchiño Novo se tivo o seu momento acústico en solitario sobre o escenario. Os Heredeiros están en forma. n

A POBRA-Heredeiros de si mesmos

Te puede interesar