O PP pobrense recrimínalle ao BNG que non sentara a dialogar

O PP pobrense recrimínalle ao BNG que non sentara a dialogar
Diario de Arousa-2018-05-17-016-6a8f7355

Despois de que o BNG pobrense pechase as portas a un posible acordó co PP para presentarlle unha moción de censura ao alcalde Xosé Lois Piñeiro, non se fixo agardar a reacción dos populares. O seu voceiro, Manolo Durán, recriminoulle aos frentistas que nin tan sequera se quixesen sentar a falar, cada un coas súas idiosincrasias e plantexamentos, “pese a que presumen deso”, precisó. Insistiu en que sabía da dificultade para chegar a un entendemento, pero cre que o ano que queda de mandato podía ser un bo comezo para dialogar e consensuar o tipo de actuacións a facer, deixando apartadas aquelas que non ía dar tempo a executar e nas que poderían ter máis discrepancias. 
Durán, que sinalou que deberían olvidarse as siglas e a ideoloxía e pensar únicamente no benestar dos veciños, precisou que o BNG ten a liberdade de facelo como queira, pero que tamén “é a súa responsabilidade de cara aos pobrenses telo feito desa maneira”. Engadiu que lle sorprende que os nacionalistas digan que non entenden a necesidad da moción de censura “despois de tres anos de goberno de Nós Pobra nos que quedou en evidencia, e o BNG mesmo critica, que non se fixo nada e que o executado está mal, que foi unha perda de tempo, polo que non sei que máis urxencias quere o BNG”. O líder do partido da gaivota dille aos frentistas que se creen que o que está a facer Nós Pobra está ben e non hai necesidade, “non se entende que non lle apoiaran na cuestión de confianza. Non ten sentido que non lle dea o seu apoio e tampouco queira facer ningún tipo de alternativa”.
Desde o PP indican que con todo o ocorrido púxose de manifesto que na Pobra só hai dúas formas de xestionar: “Por un lado o PP e polo outro o resto”. “Levamos tres anos de goberno de Nós Pobra grazas aos apoios do BNG e PSOE e resulta evidente que nese tempo nin sequera foron capaces de chegar a acordos entre eles para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños e de crear dinámicas que creen emprego e crecemento económico”. Duran dixo que no PP creen no presente e están moi orgullosos “do noso pasado como gobernantes”.

O PP pobrense recrimínalle ao BNG que non sentara a dialogar

Te puede interesar