A rianxeira Esther Carrodeguas obten o Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza

A rianxeira Esther Carrodeguas obten o Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza
DSC_00821-e1586348224131-800x600

A asociación cultural Barbantia deu a coñecer os galardoadas cos sereos dos Premios Barbantia da Cultura 2020, tras escrutarse os votos emitivos nas últimas semanas polos seus socios, que debían elixir entre os tres finalistas de cada unha das tres categorías. Deste xeito, a rianxeira Esther Carrodeguas, escritora, actriz, directora teatral, xornalista e técnica audiovisual obtuvo o Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza, mentres que a asociación cultural Terra de Outes levouse o Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza, e mestre, etnógrafo, historiador e conferenciante Clodio González Pérez gañou o Premio Barbantia da Cultura Galega. O acto de entrega destes galadóns terá lugar  vindeiro sábado, día 19 de decembro, a partires das doce e media do mediodía na sala Arcos Moldes do auditorio municipal de Rianxo. Durante esa gala, que estará presentada por Duarte Galbán, farase a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2020. Debido ás medidas preventivas contra a Covida-19, é obrigatoria a reserva de localidades no correo electrónico auditorio@concelloderianxo.gal ata o día 17 de decembro. É necesario indicar no corpo do e-mail todas as persoas para quenes se solicita, co nome completo, apelidos, teléfono e, de ser o caso, se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o correo do propio auditorio rianxeiro.

A rianxeira Esther Carrodeguas obten o Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza

Te puede interesar