Rianxo convoca un acto no cemiterio para promover o galego nos actos funerarios

Rianxo convoca un acto no cemiterio para promover o galego nos actos funerarios
Diario de Arousa-2019-10-24-017-fa1f7f55

Co gallo da celebración do Día de Defuntos, o Concello de Rianxo organiza unha lectura pública a prol do uso do galego nos actos funerarios que se desenvolverá o vindeiro 31 de outubro, ás cinco da tarde no cemiterio municipal.

O acto consistirá en que a veciñanza lea as súas propias mandas testamentarias, que son pequenos textos onde se recolle unha parte importante dos afectos e sentimentos que se queren transmitir aos herdeiros e a obriga dde dar cumprimento ao desexo de administrar o patrimonio común en galego.

O Servizo de Normalización Lingüiística do Concello de Rianxo aproveitará este acto para que cada un dos participantes asinen unha declaración individual de vontade de ser despedido e lembrado en galego, que é un escrito onde unha persoa deixa constancia, ante os seus seres queridos e autoridades relixiosas e civís, do seu desexo de que todo o relativo aos posibles actos fúnebres e enterro sexan realizados en lingua galega.

Desde este departamento constatan que en Galicia só un tres por cento das necrolóxicas e unha de cada mil lápidas están escritas en galego, feito que constrasta con que a meirande parte das persoas moradoras dos camposantes foran galegofalantes na vida.

As persoas interesadas en participar na lectura das mandas e na sinatura de declaración de vontade de ser lembradas e despedidas en galego deben pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística de Rianxo antes do 29 de outubro.

Rianxo convoca un acto no cemiterio para promover o galego nos actos funerarios

Te puede interesar