RIVEIRA - A caída de cascotes de fachadas de edificios en Miguel Rodríguez Bautista preocupa aos usuarios

RIVEIRA - A caída de cascotes de fachadas de edificios en Miguel Rodríguez Bautista preocupa aos usuarios
Diario de Arousa-2015-05-17-024-5e9d1b0b

Os conductores e peóns que pasan con frecuencia pola Avenida Miguel Rodríguez Bautista teñen outra preocupación que engadir aos problemas de atascos ocasionados pola instalación dunha vintena de semáforos para regular o tráfico nesa vía. Cando parece que esta última situación leva camiño de solucionarse o paliarse na medida do posible, sae a luz pública o malestar pola caída de cascotes que se desprenden de fachadas dalgúns edificios.
O pasado 2 de maio, uns peatóns alertaron á Policía Local de Riveira sobre a caída de cascallos dun edificio situado nas inmediacións do cruce coa Rúa Otero Pedrayo. Naquela ocasión, os alertantes indicaron que por uns centímetros non alcanzaron a un deles e foron a parar directamente na beirarrúa, onde os cachos de pedra que se desprenderon fixéronse añicos. Os axentes municipais puxéronse en contacto vía telefónica co presidente da comunidade de veciños do edificio causante da incidencia para que solvente esa situación e que non se repita no sucesivo.
Por se eso fora pouco, á unha da madrugada deste sábado, cando unha veciña de Aguiño estaba falando por teléfono coa Policía Local para advertirlle dunha incidencia cun portalón do párking da Praza do Centenario, sobre o vehículo que conducía o seu marido de regreso ao seu domicilio caeulle sobre o parabrisas outro cascote, pero esta vez da parte alta da fachada doutro edificio do mesmo vial, que está máis próximo á intersección coa Rúa Mariño de Rivera. Como consecuencia diso, ese cristal quedou seriamente danado. De igual xeito que no anterior caso, os agentes de servizo nocturno acudiron ao lugar e comprobaron a veracidade dos feitos e puideron localizar á presidenta da comunidade de veciños do edificio e a xestoría que o administra para reclamarlles que o arranxen.

RIVEIRA - A caída de cascotes de fachadas de edificios en Miguel Rodríguez Bautista preocupa aos usuarios

Te puede interesar