RIVEIRA - Unhas pintadas reavivan a polémica sobre unha suposta usurpación de espazo nunha servidume en Coroso

RIVEIRA - Unhas pintadas reavivan a polémica sobre unha suposta usurpación de espazo nunha servidume en Coroso
Diario de Arousa-2016-05-17-016-bb3b0c71_1

Nas semanas pasadas apareceron algunhas pintadas na fachada de pedra do bar situado a carón do camping de Coroso, e onte o fixeron de novo, nas que se reaviva a polémica sobre a suposta usurpación dunha parta da superficie dun camiño de servidume nesa zona. O escrito nesa parede, do que non se coñece a autoría, vai dirixido hacia o alcalde riveirense, Manuel Ruiz, ao igual que xa sucedeu noutros momentos do anterior mandato, e no que se lle responsabiliza do presuntamente ocorrido, apuntándose que sacoullo ao pobo para darllo a uns particulares.
Sin entrar a valorar as pintadas dos últimos días, o equipo de goberno de Riveira saiu ao paso desta situación explicando que a xunta de goberno local aprobou un expediente administrativo ao respecto que conta con todos os informes favorables dos servizos técnicos. Precisou que esa medida se adoptou para que o camiño de servidume existente, polo que atravesa o paseo marítimo, pasase a ser de titularidade pública, é dicir, “conseguiuse regularizar a situación dese camiño duns dous metros de ancho”. E Engadiu que despois da aprobación de dito expediente ninguén expresou nin a título persoal ni en nome dalgún colectivo o seu malestar con esa decisión, agás o voceiro do grupo municipal do PSOE, Xosé Manuel Vilas, que presentou hai un par de meses unha pregunta para aclarar a situación da actuación da brigada de obras no lugar, e o alcalde lle respostou que actuouse alí para delimitar a zona pública da privada. 
O seu antecesor no cargo durante o anterior mandato, Andrés Fariña, xa quiso saber en xuño do 2014 sobre as obras de recuperación da servidume de tránsito entre as praias de Coroso e Río Azor. O rexedor local lle indicou que unha vez foron examinadas as escrituras da finca do camping de Coroso comprobouse que en ningún apartado se recolle que a propiedade está atravesada por un camiño. Además, señaló que en un certificado emitido en relación de informe de la Comisión de Fomento en relación a la autorización para la ejecución del una actuación por parte del camping de Coroso se indica que “Puede accederse a las obras solicitadas, debiendo dejar los dos caminos que circundan su finca de una anchura de cinco metros, o sea, retirando del camino 2,50 metros”. Ruiz entendeu nese momento que refírese ao camiño de As Saíñas a Insuela e ao camiño vello que separa o camping doutra propiedade, que aparecen nas escrituras.

RIVEIRA - Unhas pintadas reavivan a polémica sobre unha suposta usurpación de espazo nunha servidume en Coroso

Te puede interesar