viernes 23.08.2019

Unha proba de superación

Un total de 120 alumnos de Secundaria do colexio Bayón, de Ribeira, percorreron onte a primeira etapa, duns 30 quilómetros, do tradicional Andatón, que o centro educativo concertado ven desenvolvendo desde hai dúas décadas para festexar as Letras Galegas

O taekwondista local Álex Vidal foi o pregoeiro do vixésimo Andatón organizado polo colexio Bayón | Chechu Río
O taekwondista local Álex Vidal foi o pregoeiro do vixésimo Andatón organizado polo colexio Bayón | Chechu Río

Hai 20 anos que o colexio ribeirense Bayón empezou a celebrar unha proba atlética como colofón aos roteiros de senderismo que se desenvolvían durante todo o curso académico. Foi por iniciativa de Manuel González, un colaborador e entrañable amigo do centro educativo, que propuxo circunvalar todo o perímetro do municipio, cunha distancia de 50 quilómetros, de aí que se lle diera o nome de Andatón. Fíxose coincidir co Día das Letras Galegas e a súa véspera xa que nesa data se celebraba unha romaría campestre en distintas paraxes de interese cultural e turístico, como A Garita, o dolmen de Axeitos e o parque periurbano de San Roque, entre outros. 


O Andatón é unha auténtica proba de superación, que este ano leva o lema “Re-coñecendo a nosa Cultura e a nosa natureza”. De todo eso falou o pregoeiro desta edición, o taekwondista local Álex Vidal, campión do mundo e actual número 2 do ranking, e que en decembro saberá se acode á Olimpiada de Tokio 2020. Él díxolles aos 120 alumnos de Secundaria participantes, así como aos seus compañeiros de Infantil e Primaria, que se trata dunha experiencia única, unha xornada de compañeirismo, na que o máis importante é que se axuden e animen uns aos outros, para que coñezan os seus límites e o seu poder de sacrificio para rematar todo o percorrido. E contoulles a experiencia que viviu co seu amigo Jorge Pérez, quen ao empezar no mundo do trail pensou que non remataría a primeira proba de San Alberto en menos de dúas horas. “Ao acompañalo eu se lle fixo máis ameno o camiño e dáballe forzas nos momentos baixos e ao final acabamos en menos dunha hora e 45 minutos”, relatou Vidal.

Trala saída neutralizada de onte entre as portas do colexio e o lugar do Touro, os participantes no Andatón se dirixiron ata o final da primeira etapa, que se situou na igrexa de San Martiño de Oleiros. Para acabar nesa meta atravesaron por A Ameixida, A Revolta, Os Areeiros, Aguiño e o seu porto, Transporto, Couso, A Graña, O Vilar, Casalnovo, Goda -onde pasaron por diante da prantación realizada o ano pasado- Campo de Artes, parque natural, Teira, Espiñeirido, subida e baixada ao monte Tahume, Campelos e Axeitos. Os participantes foron chegando entre as catro e as sete da tarde ata a igresa de San Martiño, onde os recolleron os mestres para levalos de volta ao colexio, onde fixeron noite, e hoxe sairán desde o colexio A Milagrosa  para facer os 20 quilómetros restantes. O que non se celebrou este ano foi a romaría campestre, na que estaba previsto que participasen 225 alumnos de Infantil e Primaria, xa que o impediu a ameaza de choiva, e decidiuse agardar a unha data con mellor metereoloxía.

Comentarios