A Xuntanza do Maior encheu en Ribeira con preto dun milleiro de comensais

A Xuntanza do Maior encheu en Ribeira con preto dun milleiro de comensais
diario de arousa-2018-12-03-021-70506dc6

Preto dun milleiro de persoas foron fieis á súa cita coa Xuntanza do Maior de Ribeira que, celebrada no pavillón da Fieiteira, voltou erixirse nun punto de encontro ineludible para os veciños máis veteranos da localidad. Trátase dunha festa amenizada con música, baile, sorteos e boas viandas, nun ambiente entre amigos
.
Como preludio á apertura de portas do evento, novamente multitudinario, oficiuse ao mediodía unha misa conmemorativa na igrexa parroquial de Santa Uxía, que estivo cantada un ano máis pola Coral Polifónica Municipal de Ribeira.

Despois, antes de proceder co tradicional xantar, o alcalde, Manuel Ruiz, deu a benvida aos asistentes cunha intervención na que salientou que “Ribeira é o que é grazas a vós”. Subliñou, ademáis, que mantén, así, o seu compromiso de que mentres sexa alcalde “este día non se acabará”. 


Tamén se dirixiron ao público a concelleira de Servizos Sociais, Esther Patiño; o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez; e Ramiro Carregal Rey, fillo adoptivo do Concello, quen pronunciou un discurso no que recordou cando chegou a Ribeira de mozo e que agora era, probablemente, o veciño de máis idade de cantos participan na xuntanza.

Iniciada xa a comida, o menú consistiu en marisco, carne e peixe, do que deron boa conta todos os comensais. Ao finalizar o banquete, celebrouse un sorteo de vinte lotes de produtos, dez por cortesía de Frinsa e outros dez por Gadis Hiper, ademais de dúas ceas para dúas persoas ofrecidas polo restaurante Sisal, do grupo Chicolino.

Antes do remate, a vocalista Mar Davila encargouse de poñer a música para poder desfrutar dunha sesión de baile.

A Xuntanza do Maior encheu en Ribeira con preto dun milleiro de comensais

Te puede interesar