lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Culturgal cumpre quince anos como a "gran feira cultural" de Galicia

Culturgal, a feira das industriais culturais de Galicia, cumprirá en novembro o seu primeiros quince anos como a "gran feira cultural" galega e farao cunha programación "máis abarcable, máis cómoda e máis eficiente" para público e artistas. 

 

Así o destacaron os seus organizadores na presentación desta décimo quinta edición, que se celebrará no Recinto Feiral de Pontevedra entre os días 24 e 27 de novembro. 

 

A directora da feira, Eva Alonso, destacou que Culturgal, desde o seu nacemento en 2007, foi "ampliando intereses e sectores", estabilizándose como un "proxecto estratéxico, colaborativo e comunitario de referencia" para a cultura galega. 

 

Esta décimo quinta edición celebrarase baixo o lema "15 anos cos fíos da cultura" e estreará unha nova imaxe, deseñada pola ilustradora Isa Vila. 

 

As casetas da feira dividiranse entre aqueles que, segundo Alonso, "fan venda directa de produto" e as entidades que acoden ao evento "para visibilizar marca, proxectos ou para establecer contactos profesionais". 

 

O obxectivo da programación de 2022 será obter un "maior equilibrio" entre os diferentes sectores e disciplinas artísticas, avanzou a súa directora. 

 

Incluirá, entre outras vertentes, teatro adulto e familiar, música en directo, proxeccións audiovisuais, espectáculos escénicos ou iniciativas vinculadas coa creación artística contemporánea e seguirá sendo a "cita de referencia" para o libro galego. 

 

Na súa presentación, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, destacou que a feira chega nun "momento de oportunidade" para o sector, ao deixar atrás as restricións da pandemia e contar con axudas europeas. 

 

A concelleira de Cultura en Pontevedra, Carmen Fouces, engadiu que a cultura galega "vive un momento extraordinario" e asegurou que "poderiamos montar as programacións só coas propostas que están a xurdir en Galicia".

Culturgal cumpre quince anos como a "gran feira cultural" de Galicia

Te puede interesar