O asturiano Abel Jurado gaña o RallyMix Cuntis por diante de “Bamarti”

O asturiano Abel Jurado gaña o RallyMix Cuntis por diante de “Bamarti”
Diario de Arousa-2018-03-06-041-f749e417

O “II RallyMix Cuntis Vila Termal” finalizou o domingo tras unha fin de semana pasada por auga, circunstancia que non lle restou emoción á proba patrocinada polo balneario Termas de Cuntis, que tivo como gañador ao asturiano Abel Jurado con 27 segundos de vantaxe sobre o campión do ano pasado, o cuntiense José Miguel Martínez Barreiro “Bamarti”.
Baixo a organización da Escudería Cuntis Vila Termal e en colaboración co Concello, Protección Civil, Xunta, Deputación, Fundación Deporte Galicia, Federación Galega de Automobilismo e a  Escudería Charly Romeo, a segunda edición deste rallymix foi apadriñada polo piloto andorrano Albert Llovera, que viaxou ata a vila grazas ao patrocinio de Termas de Cuntis onde se hospedou durante a súa estancia.
O piloto asturiano Abel Jurado conseguiu a vitoria beneficiándose do abandono de Iago Silva na última manga.  A proba combinou asfalto e terra. Reuniu a 59 pilotos e foi puntuable para o campionato galego da especialidade, cun trazado por diferentes lugares do municipio, cun 30% de tramos en asfalto e un 70% en terra, con  numerosos afeccionados ao motor nos diferentes puntos das pasadas dos coches. 
En segunda posición quedou o piloto cuntiense José Miguel Martínez Barreiro “Bamarti” e como terceiro clasificado foi o ribadumiense Celestino Iglesias,  que co seu Ford Fiesta N5 gañou a Copa Pirelli K6.
A organización foi un éxito e contou cun plan de seguridade no que participaron máis de 100 persoas. O padriño non perdeu detalle toda a fin de semana en Cuntis e ofreceu  unha conferencia ao público o sábado onde explicou a súa experiencia persoal, logo de quedar parapléxico aos 19 anos meteuse no mundo do motor ata acabar no Top 20 do Dakar na categoría de camións.
 

O asturiano Abel Jurado gaña o RallyMix Cuntis por diante de “Bamarti”

Te puede interesar