O Boiro ultima plantel e preséntase hoxe

O Boiro ultima plantel 
e preséntase hoxe
Lemos volve para liderar o equipo boirense esta tempada | d.a.

O Boiro vén de completar un equipo que peleará por volver estar nos postos altos de Terceira e, de ser posible, volver a entrar na fase de ascenso á Segunda B, logo do traumático desenlace que supuxo o seu descenso administrativo.
O equipo de Barraña será presentado hoxe oficialmente en Vista Alegre, onde a afición poderá coñecer ás novas incorporacións e renovacións. Nos últimos días, os de Boiro pecharon varias fichaxes, como as do mediocentro Santi Taboada, ex da SD Compostela; Miguel Villar Alonso, “Miki”, xogador sub-23 que estivo, entre outros, no Pontevedra; ou Marcos Remeseiro Conde, centrocampista, ex do Dépor B e que provén do Oviedo B.
Ademáis, no tocante ás últimas renovacións cómpre salientar a de Pablo Pillado e destaca tamén o regreso de Kike Reguero a Barraña, como un novo reforzo para a portería.

Máis plantel
A todos eses nomes hai que sumar os que xa se coñecían con anterioridade, froito do traballo inxente da xestora nas últimas semanas para renovar ou fichar: Yaveh Prieto, Hugo Sanmartín, o porteiro Miguel Dieste, Marcos Caridad, Pablo Rubio, Jorge Fernández López, Suso López, Elier Carrenho, Borja Outeiral, o guardameta Rodri Iglesias, Herbert, Jorge Cano e Yago Rodríguez, entre outros.
O novo adestrador, xa coñecido en Barrañaña, José Luis Lemos declaraba nas últimas horas animando á afición nas redes sociais “empeza unha nova etapa! Volvo donde fun feliz. Máxima ilusión. Espero que toda a afición nos acompañe. Forza Boiro!”, Mentras dende o clube indicaban que “arranca un novo proxecto coa máxima ilusión. Tal cal ave Fénix, rexurdiremos”.

O Boiro ultima plantel e preséntase hoxe

Te puede interesar