A BTT Península do Grove reúne hoxe a 350 ciclistas

A BTT Península do Grove reúne hoxe a 350 ciclistas

O Clube Ría de Arousa do Grove e a Concelleria de Deportes do Grove organizan hoxe a  terceira edición da “BTT Peninsula do Grove”, que recorrerá 38 quilómetros aproximadamente polas zonas mais emblemáticas do Grove coa participación de 350 cicilistas, que tomaran a saida as 9:30 horas dende Porto Meloxo. 
Entre os participantes atópanse diferentes ciclistas da zona, e outros que chegan dende toda Galicia, dentro dos que destacan a Lucia Vazquez, que é campiona do Open de España, campiona da Taça de Portugal, é a ciclista española con máis puntos UCI nio 2016 e tamén campiona galega de ciclocross) ou a ciclista local Lara Lois. Os clubes mais numerosos nesta edición son o equipo local C.C. O Grove, o BTT Tratacumes (Vilagarcia), ou o Clube organizador, C.D. Ria de Arousa.
Trátase dunha proba deportiva encadrada detro da 3ª BTTRAIL (tres probas deportivas, unha andaina non competitiva e unha carreira Trail Running disputada o pasado día 9 de abril), todas elas con saída e chegada na Zona do Porto Meloxo. E teñen carácter solidario coas seguintes asociacións: Asociación Fenilcetonúrica y OTM de Galicia (ASFEGA) e  Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS).
Das inscripcions, destinaranse dous euros para repartir entre as duas asociacions, recaudando un total de mil quienientos euros dos que se fará entrega a partes iguais as mesmas setecentos cincuenta euros.
Para os acompañantes dos deportistas e público contarase cunha zona recreativa na zona de saída e meta. l

A BTT Península do Grove reúne hoxe a 350 ciclistas

Te puede interesar