jueves 28.05.2020

Cabo e Náutico de Riveira, favoritos aos títulos galegos

O Clube de Remo Cabo de Cruz en categoría masculina e o CR Náutico de Riveira na feminina parten como favoritos ao título no Campionato Galego de Traíñas que se celebra hoxe en Meira (Moaña)

Cabo de Criuz está a facer una temporada excelente na Liga ACT  | cedida
Cabo de Criuz está a facer una temporada excelente na Liga ACT | cedida

O Clube de Remo Cabo de Cruz en categoría masculina e o CR Náutico de Riveira na feminina parten como favoritos ao título no Campionato Galego de Traíñas que se celebra hoxe en Meira (Moaña) a partir das 11 horas coincidindo co Día da Patria Galega. Compiten un total de cinco tripulacións de féminas na V edición do Autonómico, nunha única tanda lanzada con dous longos para completar 2.778 metros. O Clube Náutico de Riveira, que lidera a Liga Galega con pleno de triunfos, é o gran canditato a repetir título e terá como máximo rival a CR A Pobra - Cabo de Cruz. Perillo, Mugardos e o CR Vilaxoán completan a quenda.
Ás 11:30 horas chegará o turno das traíñas masculinas onde CR Cabo de Cruz ten todas as papeletas para recuperar o seu dominio autonómico dos últimos anos logo do triunfo de Tirán na edición pasada de 2017. A tripulación boirense ocupa a sexta plaza na Liga ACT (Eusko Label) no ecuador da competición. Sairá hoxe na terceira quenda xunto a Tirán, que é último na ACT, e a Samertolameu e Ares, que ocupan as dúas primeiras prazas da Liga Galega A aínda que con Mecos - Isabel moi preto. Os grovenses remarán a segunda quenda, onde parten como o rival a batir para Club de Mar Bueu, Mera e CR Vilaxoán. Abrirán o Autonómico masculino na primeira regata Vila de Cangas, Mar Mugardos, Mu Rianxo, Amegrove, Coruxo e Chapela.
Cabo de Cruz, campión galego masculino nos anos 2006, 2008, 2014, 2015 e 2016, tentará levarse unha nova bandeira que outorga a clasificación, xunto co segundo posto, para o Campionato de España que se disputa en Castro Urdiales os días 4 e 5 de agosto. Aínda que é habitual os últimos anos a renuncia dos boirenses ao Nacional, xa que aproveitan eses días de parón na ACT para descansar e coller forzas de cara a segunda parte da liga e ao gran reto da Regata da Concha.

Comentarios