Cotilla e Martín Sánchez, na lista da Selección Galega para a Copa das Rexións UEFA

O seleccionador galego Iván Cancela desvelou este xoves as súas cartas, o nome dos 18 futbolistas convocados para disputar a Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA. Galicia será a representante nacional na cita europea ao ser a vixente campioa de España.

O combinado galego defenderá ao país do 6 ao 12 de outubro na fase de grupos que se celebrará nos campos de Baltar (Portonovo) e A Lomba (Vilagarcía de Arousa) ante os representantes de Suíza, Eslovenia e Hungría. O campión do grupo acudirá á fase final da Copa das Rexións UEFA.

Entre os 18 elixidos para representar a Galicia na cita europea, que Cancela deu a coñecer nun peculiar e orixinal video realizado pola Real Federación Galega de Fútbol xunto a catro veciños do seu pobo,  figuran os futbolistas do Arosa SC Sergio Cotilla e Martín Sánchez. Cancela tamén convocou aos porteiros Ramón Rodríguez (UD Ourense) e  Javi Rumbo (Betanzos CF), tamén aos defensas Jesús Varela (Alondras CF), Antonio González (Atlético Arteixo), Aitor Díaz (Alondras CF),  Sergio Cotilla (Arosa SC) e Aarón (CSD Arzúa). Aos centrocampistas Kopa (CD Choco), Ube (CD Choco),  Javicho (CD Estradense), Félix Rial (CD Choco) e Juanín (CD Estradense). E aos dianteiros Carlos Cora (CD Choco), Óscar Lorenzo (UD Somozas), Álex Rey (Rápido de Bouzas), Chiño (CSD Arzúa) e Adri Otero (Atlético Arteixo)


Do 6 ao 12 de outubro en Baltar e A Lomba

Galicia, encadrada no Grupo 7, xogarase o único billete que hai en xogo para a fase final europea do 6 ao 12 de outubro nos campos de Baltar (Portonovo) e A Lomba (Vilagarcía de Arousa).

Cotilla e Martín Sánchez, na lista da Selección Galega para a Copa das Rexións UEFA

Te puede interesar