David Barreiro súmase ao proxecto do Breogán

David Barreiro súmase ao proxecto do Breogán
David Barreiro posa coa equipación do Breogán xunto ao responsables do clube | cedida

O equipo de piragüismo do CMDC Breogán do Grove anunciou onte a “importante incorporación” do canoista David Barreiro, procedente do RCN Rodeira de Cangas. Unha fichaxe que permite ao clube meco contar agora “con dous dos canoistas sub 23 máis importantes e máis prometedores” do panorama nacional, ao sumarse a Noel Domínguez, co que formará parella na embarcación de C2. Barreiro adestra xunto a Domínguez no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, nun grupo no que tamén están tamén o vilanovés Manuel Fontán (O Muiño de Ribadumia) e Pablo Graña (RCN Rodeira de Cangas).

Dende o Breogán explican que David Barreiro “é un canoista que ven destacando dende idades tempranas, competindo dende hai varios anos a nivel internacional, formando parte da Selección Española”. O cangués foi bronce no Campionato de Europa Xuvenil de 2017 en C1 1.000 metros. A pasada temporada proclamouse en Sevilla campión de España en C1 Sub 23 sobre os 5.000 metros. E a nivel internacional no 2019 participou no Campionato do Mundo Sub 23, formando o C-2 con Noel Domínguez e acadando dúas finais nese mundial; sendo sétimos en 1.000 metros e novenos nos 500 metros. Ademais gañou a praza para asistir o Campionato do Mundo Absoluto, onde participou no C-1 500 metros chegando ata a final e ocupou a oitava posición.

A fichaxe desta promesa e xa realidade canguesa permítelle ao CMDC Breogán do Grove contar cunha embarcación en C2 de moito nivel na modalidade de sprint, asegurándose a presencia nas competición internacionais. l

David Barreiro súmase ao proxecto do Breogán

Te puede interesar