A festa do fútbol feminino galego será en Cambados

A festa do fútbol feminino galego será en Cambados
Víctor Caamaño e Carlos Castro explicaron onte os detalles da gala e do partido que terán lugar en Cambados | m. rolán

O concelleiro de Deportes Víctor Caamaño e o director da revista Revista de Fútbol Feminino Galego, Carlos Castro, presentaron onte en Cambados os actos da festa do fútbol feminino galego do vindeiro domingo 25 de xuño. Ás 19.30 horas do auditorio cambadés celebrarase a V Gala do Fútbol Femenino, onde se premiarán ás mellores xogadoras, técnicos e clubes do ano. Cambados recolle a testemulla de Ribadumia, sede da última gala, que foi un éxito. Ademais, nunha idea que xurdiu do concelleiro de Cambados, ás 12:30 horas no campo de Burgáns celebrarse un partido entre dous combinados galegos, as seleccións Norte e Sur.


Castro falou da “simbiose” que existiu dende o primeiro momento con Caamaño para traer a Cambados estes actos. Tamén destacou a colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta a través da Consellería de Medio Rural. A Caamaño parécelle “estupenda” e “excepcional” a idea de promocionar este tipo de actos deportivos. Será “unha homenaxe de Cambados ao fútbol feminino”.


Xogadores (aínda que non sexan galegas) dos equipos galegos das provincias da Coruña e Lugo, e xogadoras galegas que están en clubs de fora de Galicia integrarán a Selección Norte. Onde destacan algúns nomes: Nuria Rabano (internacional sub 19), Tere Abelleira (internacional sub 17), Eva González (Friol) ou Estefanía Paz (Deportivo). Pendentes de Vero Boquete, que ao igual que Mari Paz, poden ser chamadas por Jorge Silva para o Campionato de Europa de Holanda.


Na Selección Sur, coa mesma normativa pero para as provincias de Pontevedra e Ourense, habrá xogadoras coma Sara Tiu (Tenerife) e Carolina González (Oiartzun), á espera da confirmación do clube das tres xogadoras do Braga; Pauleta, Andrea Mirón e Clo. As convocatorias están baseadas nos diferentes premios que se outorgarán na gala. A representante arousá será a lateral esquerda do Cambados, Marjorie Allo. Os seleccionadores do norte son Manu Sánchez (Deportivo), cos axudante Alberto Golán (Tordoia) e Geluco Villar (Friol). No Sur, Chicho Val (Matamá), e de asistentes David Ferreiro (Matamá) e Adri González (Sárdoma).


Pola tarde no auditorio entregaránse os galardóns nas diferentes categorías. Nando González, do Ana Vidal Arousana, está nomeado ao premio de mellor técnico galego.

A festa do fútbol feminino galego será en Cambados

Te puede interesar