Filgueira asume o reto do cambio xeracional no Rasu

Filgueira asume o reto do cambio xeracional no Rasu
Diario de Arousa-2019-07-24-041-2001b45a

O Rasoeiro competirá esta temporada na Primeira Autonómica con Pablo Filgueira como adestrador. Así o decidiu a directiva do clube. Filgueira, natural de Pontevedra, leva tres temporadas no Rasoeiro como coordinador deportivo e adestrador de varios equipos, “cunha gran labor nos equipos dos que é responsable e en xeral con toda a base”. A pasada temporada acadou o subcampionato de liga co equipo xuvenil masculino na Segunda División e tamén o ascenso co equipo cadete a División de Honra, competindo nesta e rematando a liga na oitava posición. 

Por iso o clube que preside Diego Gondar non dudou en apostar por el para continuar o traballo realizado por Kito Parada, que seguirá ligado ao clube e adestrará ao equipo infantil feminino. Logo do descenso do pasado ano en Primeira Nacional,  e aínda que existía algunha posibilidade de loitar por plaza en Nacional,  o equipo sénior masculino competirá en Primeira Autonómica, algo que dende o clube consideran positivo, xa que “este paso atrás servirá para facilitar o cambio xeracional, restar presión competitiva e correxir certas dinámicas para convertirnos nun equipo máis sólido”.

O plantel contará só con xogadores formados na base do clube grovense. Volven algúns xogadores que non competiran a pasada temporada e únense tres séniors de primeiro ano que veñen de xogar o ano pasado co equipo xuvenil. Ademáis o adestrador agarda poder contar en cada partido con tres ou catro xuvenís que serán os maiores beneficiados co descenso de categoría, “xa que temos a certeza de que van a aportar cousas interesantes no equipo sénior, tanto no xogo como no nivel de adestramentos”.  Así as cousas non se marcan ningún obxectivo deportivo a nivel clasificatorio, aínda que son conscientes de que a mellora deportiva pasa por “ser competitivos”. O Rasoeiro comezará os adestramentos a principios do mes de agosto. Por diante ao clube espéralle un reto moi grande, a dous ou tres anos vista, no que conseguir o cambio xeracional e aproveitar o talento e a calidade dos canteiráns para volver á categoría nacional.

Filgueira asume o reto do cambio xeracional no Rasu

Te puede interesar