Gustavo César Veloso: “Chego á Volta como o ano pasado, nótome fino e fixen bo traballo de preparación”

Gustavo César Veloso: “Chego á Volta como o ano pasado, nótome fino e fixen bo traballo de preparación”
Copia de Diario de Arousa-2014-07-29-036-7eab3a8b_1

 

Gustavo César Veloso (29-1-80) comeza mañán o seu asalto á 76ª edición da Volta Ciclista a Portugal. Segundo o pasado ano a tan só 4 segundos dos seu excompañeiro Álex Marque, o vilagarcián parte entre os favoritos a estar no mais alto do podio o domingo 10 de agosto en Lisboa.

- Este ano disputou menos carreiras para de preparación, ¿cómo chega a esta grande cita?
- Mais ou menos non houbo moito diferencia de competicións respeto ao ano pasado, o que pasou e que no corrin nada e España, o ano pasado fixen Volta a Asturias e Volta a Madrid. Chego como o ano pasado, nótome fino e fixen un bo traballo de preparación coas concentracións en altura en Navacerrada e Manzaneda.

- Un prólogo, una contrarreloxo individual e outras nove etapas das cales catro acaban en alto, non parece doado...
- Sí, vai ser moi dura, pero para todos. Se estou ao nivel do ano pasado creo que podo estar cos mellores. A Torre vai a ser decisiva porque é a sétima etapa e xa quedará pouco, normalmente os que saen ben situados de ahí logo son os candidatos na contrarreloxo a levarse a Volta.

- Lucirá o dorsal número un, pero seguro que preferiría non ter que facelo...
- Claro, eu preferiría que estive Álex, o dorsal un segue sendo de Álex, estou fastidiado porque é meu amigo, o que ocorre con él aparte da inxustiza é un atropelo, non se dan conta que están a xogar coa vida dunha persoa, non só co resultado dunha carreira.  Sei o ano que pasou porque seguimos adestrando xuntos, e é o que máis me entristece.

- Ten unha boa motivación para adicarlle o triunfo...
- De conseguilo, creo que o triunfo vaise quedar pequeno para toda a xente que lle teño que adicar e agradecer. Levo uns últimos 4 o 5 anos onde a fortuna non me sorrí, pero teño a sorte que a xente que me rodea me axuda, se gaño adicarerillo a todo o entorno.

- ¿Cal é a clave, cabeza ou forzas?
- As dúas cousas, trátase de ir aguantando as circunstancias adversas, solucionándoas sobre a marcha, conto cun equipo bo e potente. Teño as mesmas sensacións co ano pasado, quero disputar a xeral, o importante é que pase o que pase quédame o traballo que fixen para chegar, o traballo de todo o equipo. A sensación de estar satisfeito co traballo que se fai é o que me tranquiliza,

- ¿Cales serán os rivais?
- Pois como o ano pasado, Rui Sousa, Ricardo Mestre, Edgar Pinto do Paredes e logo o elenco de corredores que estarán co gatillo levantado, como Luis León Sánchez, Francisco Mancebo ou Stefan Shumachjer.

- Aos seus 34 anos, ¿é este o ultima tren de firmar un bo contrato?
- Non o sei, antigamente se tiñas bos resultados sí, pero hoxe en día só che valen para asegurar ter un equipo, o feito de andar ben xa non asegura que vaias a cobrar, no ciclismo todos teñen problemas económicos, como en moitas empresas.

- Alomenos ten patrocinadores que lle permiten ser competitivo...
- Pois sí, empezando por Spiuk, que leva toda a vida sendo o meu patrocinador, teño que darlle as gracias a  Dani Clavero,  a Vittoria  Shoes, que me proporciona as zapatillas, a Speedsix, a miña marca de rodas que me cederon catro, e tamén a toda esa xente da Comarca que sempre está n pendientes e dispostos a axudar, falo de tendas de deporte, de bicis, clínias de fisioterapia...non son patrocinadores directos pero esas pequenas axudas fan posible que teña a ilusión de seguir loitando por unha proba como a Volta a Portugal.

Gustavo César Veloso: “Chego á Volta como o ano pasado, nótome fino e fixen bo traballo de preparación”

Te puede interesar