O Natural Sport e María Vilas, premiados na II Gala do Deporte Feminino Galego

O Natural Sport e María Vilas, premiados na II Gala do Deporte Feminino Galego
o equipo feminino do natural sport de riveira proclamouse campión de españa d. a.

 

O equipo feminino do Club Natural Sport de Riveira e a nadadora riveirense María Vilas foron sido distinguidas por la asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) e recibirán os seus correspondentes galardóns nunha gala organizada o sábado 9 de marzo no municipio de Ames. MUDEGA é unha asociación que pretende reunir ás mulleres deportistas de Galicia. Foi creada en marzo de 2008 co fin de promover a participación e a igualdade das nenas e mulleres no deporte a todos os niveis. O seu xurado do certame nunha reunión celebrada o pasado venres valorou os méritos acadados tanto por María Vilas (campioa de Europa júnior en 800 metros libres, subcampioa de 400 estilos e bronce europeo en 1500 libres) como polo equipo de taekwondo (subcampión de Europa de Clubs e campión de España).

Na II Gala do Deporte femeino galego que terá lugar en Ames serán premiados outras grandes deportistas galegas, como as medallistas olímpicas Tamara Echegoyen, Sofía Toro e Begoña Fernández. Así mesmo, recoñecerase o labor, entre outros, do adestrador da selección galega de rugby Rogelio Sabio ou da xuíza de atletismo internacional Dolores Rojas. No transcurso da gala, MUDEGA tamén realizará unha mención especial para as xogadoras do club Karbo de fútbol de A Coruña, que lograron cinco campionatos estatais e foron a base da primeira selección galega feminina, campioa de España no primeiro campionato estatal de seleccións territoriais.

 

Gala de Riveira

Por outra parte, cabe recordar que tamén o Concello de Riveira está inmerso nos preparativos da súa propia Gala do Deporte, que terá lugar o próximo venres 8 de marzo. Nos próximos días darase conta dos candidatos a recibir as distincións nesta oitava edición

.

O Natural Sport e María Vilas, premiados na II Gala do Deporte Feminino Galego

Te puede interesar