Pontecesures, segundo na Copa de España cadete

Pontecesures, segundo  na Copa de España cadete
Os cadetes do Naútico de Pontecesures no podio da Copa de España celebrada en Verducido | fegapi

O Clube Náutico Pontecesures segue colleitando títulos e afianzándose como un club referente no piragüismo nacional. Esta fin de semana en Verducido proclamouse subcampión de España na categoría de Xóvenes Promesas nun campionato no que participaron 60 clubs de todo o territorio nacional. O balance na Copa de España de 1.000 e 500 metros para a categoría cadete foi de un ouro, catro pratas e un bronce.

O Náutico de Pontecesures sumou 388 puntos, por 422 o Piragüismo Aranjuez con 422 puntos. O terceiro posto foi para o Círculo Mercantil de Sevilla con 275 puntos.

Na final de K1 500 metros femininos, Lucía Tenreiro do Piragüismo Illa de Arousa acadou o segundio posto. Na modalidade de canoa sobre a distancia de 1.000 metros, o vilagarcián das Torres Romaría Vikinga, Jairo Zurita, gañou en cadete B. Na categoría feminina Nerea Novo logrou o ouro para o Náutico de Pontecesures en Cadete A, ao igual que Lara Remigio do Breogán e Candela Romero (Pontecesures) en Cadete B.

O domingo nas probas de barcos de equipo o Náutico Pontecesures foi prata en C2 500, e prata e bronce en C2 mixto. En K2 o Piragüismo Illa de Arousa foi segundo, mentres que en C4 o Náutico Pontecesures colgouse o bronce.

O clube cesureño agarda con ansia que as obras da ampliación da sede do club arranquen canto antes para poder desenvolver os adestramentos e a preparación física dos deportistas nas condicións adecuadas.



As instalacións presentan actualmente importantes deficiencias e tamén carencias, xa que o espazo resulta insuficiente para dar cabida e facilitar o adestramento do enorme grupo de deportistas que ten o clube. 

Pontecesures, segundo na Copa de España cadete

Te puede interesar