O Portonovo xógase o título co Pontevedra B en Pasarón

O Portonovo xógase o título  co Pontevedra B en Pasarón
El Portonovo elige esta tarde presidente entre dos candidaturas | gonzalo salgado

O Portonovo visita esta tarde o estadio de Pasarón (19 horas) para medirse ao Pontevedra B na derradeira xornada de liga de Primera Autonómica co título en xogo. Os dous equipos xa están ascendidos pero aínda falta dirimir o campión. O Pontevedra é líder con 68 puntos, mentres que o equipo que adestra José Vecoña suma 66 puntos, polo que ten que gañar para pechar un ano redondo. O feito que o partido se dispute en Pasarón é un aliciente máis para os visitantes.

Este último partido chega co clube de Baltar envolto en pleno proceso electoral, unha vez que Valentín Martínez anuncio na última asamblea que deixa a dirección do clube. Os socios están convocados a unha nova reunión que será o sábado 25 de maio ás 20 horas na sede social do clube para a presentación das candidaturas, facer a votación e nomear un novo presidente que collerá o Portonovo en Preferente e coas contas saneadas.


O resto da xornada en Primeira dispútase o domingo ás 18 horas. O Umia, que xa ten asegurado matemáticamente o terceiro posto recibe a un Atlético Cuntis que está salvado.

A falta da última xornada en Terceira e de dúas na Preferente, na Primeira Autonómica perderían a categoría cinco equipos. O Unión Dena está fora de perigo e o domingo pecha a liga en Gondomar. O San Martín é o máis afectado. Recibe ao Sporting Guardés ás 18 horas en Vilaxoán nun partido que a directiva declarou xornada de portas abertas. O equipo de Quique Oriola , sexto pola cola, está en perigo. Agora mesmo habería cinco descensos, xa que cae seguro o Unión Grove e están comprometidos en Preferente Amanecer e Alertanavia. O San Martín ten un punto un máis que Mos e Erizana, que xogan entre eles.
Unha vitoria é importantísima para os locais, pero o Guardés non irá de paseo a Vilaxoán porque se perde e gañan Castrelos e Gran Peña quedará fora da fase de ascenso.

O Portonovo xógase o título co Pontevedra B en Pasarón

Te puede interesar