Queremos Galego solicita ao Arosa SC que cambie o seu nome a Arousa SC

Queremos Galego solicita ao Arosa SC que cambie o seu nome a Arousa SC
O clube recibiu a medalla de ouro da cidade polo 75 aniversario

A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais, enviou unha carta ao Arosa SC para que "dunha vez por todas" cambie o nome do equipo de fútbol e pase a denominarase Arousa SC. Dende a plataforma recordan que o alcalde "fíxolle entrega do galardón mais importante do municipio" ao concederlle a medalla de ouro da cidade, pero entenden que "o Arosa SC non pode ser un referente social xa que incumpre o mais básico, que é a Lei de Normalización Lingüística de Galiza", porque explican que "a sociedade cultural pode ter a denominación que queira, pero o club de fútbol que representa a cidade non pode ter un topónimo deturpado". 

Dende Queremos Galego insisten no cambio de denominación e pídenlle ao presidente Manolo Abalo que tome a decisión, "xa que houbo outros 21 presidentes e centos de directivos e directivas e non o fixeron".

Cabe recordar que no ano 1997 o Arosa SC en asamblea de socios votou sobre esta cuestión, e foron 26 a favor e 12 en contra os votos que decidiron conservar o nome co que se fundou a entidade no ano 1945. Agora esta petición pon o asunto sobre a mesa e de novo teñen que ser os socios ou a propia directiva os que leven esta cuestión a debate para "saldar a débeda con Vilagarcía cambiando o nome", como indican dende Queremos Galego.

Queremos Galego solicita ao Arosa SC que cambie o seu nome a Arousa SC

Te puede interesar