• Viernes, 21 de Septiembre de 2018

Ribeira réndese a Ana Peleteiro

A atleta internacional e Iván Parada foron elexidos mellores deportistas do ano

Ribeira réndese a Ana Peleteiro
Todos os premiados da gala do deporte ribeirense posan xunto ás autoridades  | cedida
Todos os premiados da gala do deporte ribeirense posan xunto ás autoridades | cedida

A Gala do Deporte de Riveira alcanzou o venres a súa décimo terceira edición nun Auditorio no que se quixo distinguir aos mellores deportistas, clubs, entidades e colaboradores na tempada 2017. Nesta ocasión, os vencedores absolutos foron a atleta Ana Peleteiro Brión, 7ª no Campionato do Mundo e vencedora no campionato de España absoluto (o seu bronce deste ano no Mundial Indoor  en Birmingham computará para o ano que vén), e Iván Parada Novo, do Club Kempo Barbanza, que vestindo o uniforme da selección española foi campión do mundo IKF en katas con armas e subcampión en katas mans baldeiras entre outros méritos. Unha vez máis, Natural Sport Videlgi repitiu como mellor club cun balance de 191 medallas en campionatos autonómicos, 136 en campionatos nacionais e 16 en campionatos internacionais.
A Gala, dunha hora de duración, estivo conducida polo periodista Terrio Carrera e contou coa participación de alumnos do colexio Galaxia que ofreceron dúas parodias do deporte, unha sobre natación sincronizada e outra emulando unha haka do rugby.
O acto comezou coa entrega do premio ao mellor equipo de competición ao equipo absoluto feminino do Club de Remo Náutico de Riveira. Como mellor técnico resultou Juan Luis Martínez Queiruga, adestrador do Natural Sport. O mellor deportista con discapacidade foi un ano más o campión mundial de parataekwondo Álex Vidal, do Natural Sport.
Como mellor deportista feminina sub 18 venceu Alba Martínez Parada, do club Natación Riveira; mentres que Jorge González Mariño, do mesmo equipo, fíxose co galardón en sub 18 masculino. 

Mencións especiais
Ademais das distincións nestas oito categorías, houbo tres mencións especiais para Miguel Pérez pola promoción do kempo, para a Asociación AMBAR pola organización da Carreira da Diversidade e para Francisco Sieira, do Carreira Club de Fútbol, pola promoción do fútbol. A gala finalizou como coa intervención do alcalde Manuel Ruiz.