O Salvamento Vilagarcía trae dous metais dende Laxe

O Salvamento Vilagarcía trae dous metais 
dende Laxe

O clube de Natación e Salvamento Vilagarcía finalizou estes días o Campionato Galego Xuvenil-Junior celebrado en Laxe, con dous metais. Os arousanos lograron dous bronces, un de equipo en rescate con tubo con Roberto, Moisés, Javi e Sergio e outro individual para Sergio en Sprint.
Dende o clube, ademáis, valoraban a súa participación xeral no evento moi positivamente, ao referirse ao papel de todos os seus nadadores indicando que fixeron “un incrible campionato todos eles”, “deixando pegada en todas as finais que disputaron”. Además, indican que “rendiron ao máximo”, completando o equipo con Silvia, Mar, Sofía, Julieta e Sara.
A semana resultou aínda máis redonda coa consecución dun reto por parte de Moncho. O máster do clube quedou segundo na Travesía da Ría de Vigo de cinco quilómetros, cruzando a ría referida este domingo.
Por este outro logro, dende o clube sinalaba a fazaña como “un exemplo a seguir de perseverancia, con toda unha planificación e seguimiento de entrenamentos durante todo o inverno”, felicitándoo polo reto acadado.

Becados
Por outra parte, nos últimos días o clube coñeceu que a Federación Galega becara a dous dos seus deportitas cadetes nos campus de tecnificación, seleccionados entre un total de oito en toda Galicia. Deste xeito, Ángela María López Fernández e Daniel Vicente Ferreira poderán asistir ás xornadas técnicas que se celebrarán con figuras de primeiro nivel a final de mes.

O Salvamento Vilagarcía trae dous metais dende Laxe

Te puede interesar