Todo a unha soa carta no último partido da competición

Todo a unha soa carta no último partido da competición
Formación do Noalla veteranos da actual temporada

Prometíase desputado o final da liga en 1ª División Galicia da competición de Veteráns de Pontevedra e así está sendo. Mentres que a semana pasada era o Caldas quen se situaba líder, tras esta xornada é o Vilalonga quen ocupa o primeiro lugar da táboa.

Iso sí, hai que destacar que os caldenses contan co mesmo número de puntos que os de Vilalonga, 76, e que o resultado do último choque foi un contundente 1-10 do Caldas ante o Caroy. Pola súa banda, o actual e virtual campión mediuse ó Xeve, logrando un marcador non menos bó, 5-1 fronte ó Xeve.


O terceiro en discordia, o Viajes InterRías, tampouco quixo ceder nin un milímetro na pugna e impúxose, ó igual que os seus rivais. Neste caso, por un resultado máis igualado, un 2-3 co Godos.

O que si se apea xa da loita polo título é o Pazo da Golpilleira, quen, pese ó 9-0 da pasada fin de semana ante o Cornazo, xa non pode alcanzar os 76 puntos de Vilalonga e Caldas. Esta foi unha gran temporada para os de Vilagarcía, con 22 victorias de 31 partidos disputados ata o momento.
Na parte baixa da táboa e, por tanto, por agora en postos de descenso a Segunda, quedarían Fortuna San Martín, Cornazo, Caroy, A Estornela e Godos.

En canto ó grupo 1 de Segunda Galicia da liga da Federación, a pasada fin de semana disputouse a semifinal da ida para a promoción a 1ª. En dita xornada xogáronse os partidos entre Bar Santiaguiño e Recreativo Vilaseca, no que os primeiros se impuxeron por 4-3. O Cafetería Vilariño de Cambados visitou ó Rápido Bahía, logrando un empate a uns. Unha última xornada decidirá o final da competición en 1ª e 2ª División.

Todo a unha soa carta no último partido da competición

Te puede interesar