Tono Campos lidera a delegación arousana no Europeo de Maratón

Tono Campos lidera a delegación arousana no Europeo de Maratón
Diario de Arousa-2019-07-25-041-2584f5f3

A localidade francesa de Decize acolle dende hoxe unha nova edición do Campionato de Europa de Piragüimo na modalidade de Maratón, no que estarán representados un total de 21 países. No equipo español figuran un total de seis deportistas arousáns, entre os que destaca o laureado grovense da disciplina Tono Campos. A organización modificou o programa de probas polas altas temperaturas que se esperan estes días en Europa. Hoxe dispútanse as probas individuais nas categorías xuvenís, ademáis da nova modalidade de Short Race, un novo formato que consta de tres voltas pequenas e dous porteos nos que participarán en C1 os breoganistas Tono Campos e Diego Romero. 

O venres será o turno dos palistas do Naútico Pontecesures Javier Ordoñez e Iago Romero en C2 júnior, así como de Iria Romero (C1 júnior). O sábado Tono Campos loitará polas medallas en C1, modalide na que foi campión xa en 2013 en Portugal, en 2016 en Pontevedra e o pasado ano en Croacia.  Campos remará o domingo en C2 xunto a Diego Romero. Tono Campos suma 22 medallas en campionatos do Mundo e de Europa en Maratón e tratará de aumentar este espectacular palmarés a fin de semana en Francia. Tamén o domingo a grovense Tania Álvarez remará en K2 xunto a Tania Fernández.

Por outra parte, Verducido acolle a fin de semana o Campionato de España de xóvenes promesas no que se dan cita 932 deportistas nas categorías de cadete e infantil sobre as distancias de 1.000 e 500 metros. Un 35% da participación corresponde a deportistas galegos (328), como explicou o presidente da Federación autonómica, o grovense Fredi Bea, na presentación que tivo lugar en Pontevedra. Son un total de 29 os clubes galegos representados, entre eles todos os arousáns, referentes no traballo de formación. É o caso do Naútico de Pontecesures, que contará con 49 participantes. A competición comeza o venres pola tarde coas series contrarreloxo en todas as categorías individuais. Xa o sábadon serán as semifinais e finais individuais e o domingo as probas de embarcacións de equipos.

Tono Campos lidera a delegación arousana no Europeo de Maratón

Te puede interesar