Un total de 65 nadadores cruzarán a Ría dende O Grove ata Ribeira en favor das personas con dano cerebral adquirido

Un total de 65 nadadores cruzarán a Ría dende O Grove ata Ribeira en favor das personas con dano cerebral adquirido
A presentación da travesía Arousaman e Arousawoman tivo lugar onte en Ribeira

A décima edición de Arousaman e Arousawoman terá lugar o sábado 26 de xullo, de novo cunha travesía nado bianual e única  que se celebra dende o ano 2015 en favor das persoas con dano cerebral adquirido. A proba consta de 7 millas náuticas, 13 km para cruzar a Ría de Arousa dende a praia de Confin (O Grove) ata a praia de Coroso (Ribeira).


Á presentación en Ribeira asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, a concelleira de educación, Cruz Rivadulla, o presidente da asociación arousaman Manolo ou Nacho, Juan Ramón Martínez, o seu irmá Manuel Martínez, fundador da asociación, o presidente da asociación de dano cerebral de Santiago de Compostela (Sarela), Luciano Fernández xunto Marta, usuaria da asociación que vai a enfrontarse á proba do vindeiro sábado 26 de xullo.


A saída será Xabier ás 9:00 horas dende O Grove, con chegada prevista a Ribeira ás 14:00 horas, “un total de 65 nadadores, entre eles 16 mulleres, participarán nesta esixente proba de resistencia en augas abertas”. Trece deles afrontarano sen neopreno, incluíndo 4 mulleres, “o que reforza o espírito de superación e valentía que caracteriza esta travesía que visibiliza o dano cerebral adquirido e o apoio á asociación de Dano Cerebral de Santiago Compostela (Sarela), afectados e familiares.


A travesía contará nesta edición con representación de 12 comunidades autónomas e a presenza de nadadores internacionais procedentes de Países Baixos, Brasil e Portugal, “o que reforza a dimensión global que está a adquirir o arousaman e arousawoman dentro do calendario de augas abertas.


Como antesala, o venres 25 de xullo ás 19 horas celebrarase o encontro “Falando entre ondas” no novo Auditorio de Ribeira. Un espazo de reflexión co mar como inspiración, presentado pola nadadora olímpica e ribeirense María Vilas, onde se abordará o papel do deporte, a resiliencia e o compromiso co futuro e o dano cerebral baixo a pregunta: “E que máis podo facer?”. Estarán Cristina Camacho, fotógrafa submarina en apnea; Rafa Aledo, adestrador de natación de alto rendemento; o ribeirense,Humberto Ageitos, ultra-fondista e nutricionista; e tamén nadadores da Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela.

Un total de 65 nadadores cruzarán a Ría dende O Grove ata Ribeira en favor das personas con dano cerebral adquirido

Te puede interesar